Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Oferta educativa

CICLO MEDIO DE MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO

 

CICLO MEDIO DE MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO 

 

¿Que título se obtén?

Técnico en Mantemento Electromecánico
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer? Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.
¿En que ámbitos se traballa? En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
¿Que ocupacións se desempeñan?

- Mecánico/a de mantemento.

- Montador/ora de industrial.

- Montador/ora de equipamentos eléctricos.

- Montador/ora de equipamentos electrónicos.

- Mantedor/ora de liña automatizada.

- Montador/ora de bens de equipamento.

- Montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos.

- Instalador/ora electricista industrial.

- Electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión.

 

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Técnicas de fabricación

- Técnicas de unión e montaxe

- Electricidade e automatismos eléctricos

- Automatismos pneumáticos e hidráulicos

- Formación e orientación laboral

2º CURSO:

- Montaxe e mantemento mecánico

- Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico

- Montaxe e mantemento de liñas automatizadas

- Empresa e iniciativa emprendedora

- Formación en centros de traballo

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior.

 

Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura.

CICLO SUPERIOR DE MECATRÓNICA INDUSTRIAL

 

CICLO SUPERIOR DE MECATRÓNICA INDUSTRIAL 

 

¿Que título se obtén?

Técnico superior en Mecatrónica Industrial
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer? Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
¿En que ámbitos se traballa? En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
¿Que ocupacións se desempeñan?

- Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.

 

- Xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.

- Xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Sistemas mecánicos

- Sistemas eléctricos e electrónicos

- Elementos de máquinas

- Procesos de fabricación

- Representación gráfica de sistemas mecatrónicos

- Formación e orientación laboral

2º CURSO:

- Sistemas hidráulicos e pneumáticos

- Configuración de sistemas mecatrónicos

- Procesos e xestión de mantemento e calidade

- Integración de sistemas

- Simulación de sistemas mecatrónicos

- Proxecto de mecatrónica industrial

- Empresa e iniciativa emprendedora

- Formación en centros de traballo

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior.

Acceso directo a calquera ensinanza universitaria de grao.

Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura.