Skip to Content

Xornadas para Coordinadoras/es de Emprendemento

03/05/2022 09:19
Europe/Madrid

O pasado venres día 28 de abril asistimos ás Xornadas para Coordinadoras de Emprendemento da Rede de Aulas de Emprendemento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Traemos moitas ideas para seguir abrindo o camiño do emprendemento dende a nosa aula "Manuela Barreiro".

Premios extraordinarios de Bacharelato

O 25 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311A).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou premendo directamente na seguinte ligazón:(https://sede.xunta.gal).

Conmemoración do 25 de abril

O 25 de abril conmemórase a Revolução dos Cravos, que supuxo a fin da ditadura en Portugal en 1974.

Oferta de emprego para TAPSD en Rianxo

25/04/2022 12:00
25/05/2022 12:00
Europe/Madrid

A empresa de servicio de atención a domicilio "Son a túa axuda" anda á procura de 2 persoas tituladas en Atención a persoas en situación de dependencia para incorporación inmediata

Podes consultar mais sobre esta oferta de emprego contactando coa empresa por teléfono no 638202442 ou a través da súa web http://sonatuaaxuda.com/contacto/

De castros e balnearios... Visita didáctica a Cuntis

22/04/2022 17:55
Europe/Madrid

O alumnado de 1° de ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia fixo unha saída didáctica a Cuntis este xoves, co fin de ver de cerca as terapias que oferta o Balneario Termas de Cuntis. A doutora María J.

Saída didáctica a Galway: "Climate Change studies and research in the EU"

Durante esta semana o alumnado participante no proxecto Erasmus + "Climate Change studies and research in the EU", está en Galway (Irlanda), xunto co alumnado de Rijeka (Croacia) que tamén participa no proxecto.

 

 

Saída didáctica a Extremadura

Estase a desenvolver a saída didáctica a Estremadura cun intenso programa de actividades.

Dálle máis vida ao teu armario!

07/04/2022 10:50
Europe/Madrid

Baixo o lema "DÁLLE MÁIS VIDA AO TEU ARMARIO", o alumnado de 1º do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia está levando a cabo un proxecto de sensibilización sobre o consumismo voraz e os seus efectos negativos sobre a sociedade e o medio ambiente, centrándoo desta volta nas alternativas de reutilización da nosa roupa.

O Consello da Cultura presenta "Activistas da lingua no IES Félix Muriel de Rianxo"

 

Actualización dos Criterios de promoción e titulación

De acordo co Real Decreto 984/2021 e da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG 11/02/2022) procédese á modificación dos criterios de promoción e titulación para o curso escolar 2021-2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut