Skip to Content

COÑECE O PROXECTO

Convocatoria Erasmus+ para prácticas FCT alumnado 2º CM

04/12/2023 09:49
Europe/Madrid

Neste curso 2023-24 o IES Félix Muriel como centro acreditado Erasmus+ pon en marcha o seu proxecto KA121 VET. O cal está dotado de 3 prazas para realizar mobilidades no exterior de alumnado do 2º curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

O alumnado interesado e seleccionado poderá realizar o módulo da FCT (formación en Centros de Traballo) nunha entidade, organización, institución nun país estranxeiro.

É requisito fundamental que o alumnado seleccionado teña superados o resto dos módulos do ciclo na convocatoria ordinaria de marzo.

En adxunto poden consultarse:

- A convocatoria.

- As bases.

- O formulario de solicitude.

Consideramos importante a internalización do noso centro pero sobretodo sabemos que é unha experiencia enriquecedora para o noso alumnado.

Anímate a participar. O prazo para a presentación das candidaturas é ata o 31 de decembro.

O proceso de selección de candituras está en marcha. A semana do 15 de xaneiro de 2024 a Comisión de selección Erasmus realizará as entrevistas ás persoas candidatas.

En adxunto (tamén pode verse no taboleiro de anuncios do CM) indícanse as horas e datas das entrevistas.

 Tras a realización da baremación e as entrevistas persoais ás candidaturas presentadas, a Comisión publica unha resolución co resultado do proceso selectivo. En adxunto poden verse as puntuacións acadadas por cada persoa candidata. Haberá ata o mércores 1 de xaneiro para reclamacións.

 

Info Europass 2023

O IES Félix Muriel participou no Infoday Europass 2023 que tivo lugar en Madrid  o 12 de abril. á reunión asistiu o Director, Ramón Veiga, e mais a Vicedirectora, Mamen Teijido. Construíndo Europa desde Rianxo. 

 

Convocatoria mobilidades ERASMUSPRO no período marzo-xuño 2023

26/02/2023
Europe/Madrid

 

Nova convocatoria de mobilidades Erasmus+ para a realización de mobilidades VET-long ERASMUSPRO.

Pode participar todo o antigo alumnado do IES Félix Muriel que rematara o ciclo nos últimos 12 meses e non teña accedido a estudios de grao superior.

O antigo alumnado interesado debe presentar a súa solicitude xunto co currículum Europass e a carta de motivación, segundo establece a convocatoria (documentos adxuntos).

O prazo de presentación de solicitudes, a través do email felix.muriel.erasmusplus@gmail.com, remata ás 14:00 do 6 de marzo de 2023.

 

 

Ka 102 ADEUIS

       

logoerasmusies

                                             

logoerasmus

 

 

KA102 ADEUIS 2020 Atención a las personas en situación de dependencia en EUropa. Trabajando para la Inclusión Social y la Sostenibilidad

 

 Este proxecto, pretende continuar coa firme aposta pola internacionalización da nosa organización, o Instituto de Educación Secundaria Félix Muriel de Rianxo (A Coruña), seguindo a liña do Plan de Desenvolvemento Europeo que comezamos en 2018.

As áreas principais que pretendemos seguir mellorando coa aprobación deste proxecto son:

O desenvolvemento da calidade, a internacionalización e a igualdade de oportunidades.
O proxecto actual, chamado "Atención ás persoas en situación de dependencia en Europa. Traballando para a Inclusión e a Sustentabilidade", ADEUIS, beneficiará sobre todo ao alumnado do Ciclo Medio en Atención a persoas en situación de dependencia que se imparte na nosa organización; un alumnado maioritariamente feminino e que na súa maioría non tivo a oportunidade de saír da súa contorna por atoparse en situación de desvantaxe social con respecto aos seus iguais de núcleos urbanos con acceso a máis recursos.
As actividades que realizarán nas organizacións de acollida serán principalmente as relacionadas coa organización da atención aos usuarios, coas estratexias, técnicas e habilidades para favorecer a comunicación e a relación social coa súa contorna. A prestación, en definitiva, de servizos de atención e apoio psicosocial e comunicativo a persoas en situación de dependencia en distintos países europeos, facendo fincapé na promoción da autonomía, o apoio domiciliario e a atención hixiénico-sanitaria para favorecer a súa inclusión.
É un proxecto o cal permite por unha banda, poñer en práctica as capacidades profesionais adquiridas, comparar a situación da atención e a inclusión das persoas en situación de dependencia en distintos países europeos, e pos outro mellorar as competencias curriculares, lingüísticas e de empregabilidade e por tanto de inclusión social, do alumnado da nosa organización participante nas distintas mobilidades.
Ademais do alumnado participante, o profesorado, realizará mobilidades de aprendizaxe para mellorar nas súas capacidades docentes e organizativas e poder formar mellor ás futuras xeracións de profesionais de atención a colectivos en situación de dependencia e conseguir un centro educativo innovador e referente neste campo no panorama europeo.
 
 
 

Os nosos proxectos Erasmus+

logoerasmusies                 

 

Os nosos proxectos

Proxectos de mobilidade de profesorado para formación

KA101 STEM 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut