Desde o mes de xaneiro, temos expostos no corredor da planta baixa do edificio anexo os traballos realizados polos alumnos do profesor Lobato sobre a aportación das mulleres ao campo das matemáticas.
O día 19 de decembro o alumnado de 1º Ciclo da ESO participaron nunha trepidante competición organizada polo departamento de Matemáticas. Tratábase de que os rapaces resolvesen distintas probas relacionadas co mundo dos números. Os gañadores desfrutaron dunha deliciosa merenda á volta das vacacións de Nadal.
O ficheiro adxunto contén unha breve relación dos libros de Matemáticas que tedes a vosa disposición na biblioteca do instituto. De vez en cando podedes coller algún. Crédeme, non morden!