Skip to Content

ACTIVIDADES

DÍA DOS ESCRITORES E ESCRITORAS EUROPEOS

O 27 de marzo celebrouse o Día dos escritores e escritoras europeos. Desde o IES Félix Muriel contribuímos a esta celebración coa lectura da obra de Rafael Dieste Dos arquivos do trasno, a cal se realizou en directo e da que podes ver a gravación premendo na ligazón: 

https://www.youtube.com/live/978JVNxBkkE?app=desktop&feature=share&fbclid=IwAR2wCpkejBlJaxTFVH0RBGTsRNzEl7oqXcb3WLla7rRTcpeT8Eto-aXR23c 

 

Semana da Diversidade

O luns 27 de marzo comezou a VII Semana da Diversidade. na cal participan, á parte de todo o alumnado do centro, as seguintes entidades e persoas: Fundación Vicente Ferrer, AMIPA, Asociación Ambar, Asociación Acougo, Asociación A'Creba, Asociación Misela, Solidariedade internacional, CRA Rianxo, Adrián Mosquera (piragüista) e Marcelo Lisardi (skater).

GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE DESEÑO XOUBA'S

16/03/2023 13:16
Europe/Madrid

Abre o arquivo adxunto para coñecer o nome das persoas gañadoras do concurso

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro celébrase en toda Galiza o Día de Rosalía e o noso centro, como non podía ser doutro xeito, sumouse ao evento realizando varias actividades, entre elas, o Caldo de Gloria (estabavos ben bo!) e o recitado de poemas da autora.

Caldo de Gloria          

 

 

DÍA DE CASTELAO E DA PAZ

Como todos os anos a comunidade educativa do IES Félix Muriel celebra o Día da Paz e o Día de Castelao, conxuntamente, xa que, se hai unha figura que se identifica coa paz en Galiza, esta non é outra ca o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Este ano, entre outras moitas actividades, optouse por un lectura continuada da súa obra, a cal está sendo retransmitida en directo.

A lectura comezou coa intervención do director do centro, Ramón Veiga, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, en representación do pobo de Rianxo, e continuou co alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais...

 

 

 

 

Campionato de Voleibol

Onte rematou o campionato de voleibol e aquí temos o equipo gañador. Parabéns a todo o alumnado que participou.

SOMOS A PRIMEIRA ESCOLA AZUL EUROPEA DE GALICIA

Onte, o Día Mundial dos Océanos, soubemos que o IES Félix Muriel foi admitida como a primeira Escola Azul Europea de Galicia

Comezamos novos proxectos educativos con moita ilusión!

Monte Vivo gañadora do premio Cineduca do Ateneo

A curtametraxe Monte Vivo gañadora dos premios Cineduca do Ateneo de Santigo.

Parabéns polo traballo ben feito!

Curtametraxe "Monte Vivo" finalista dos premios Cineduca

A curta Monte Vivo escollida como finalista dos premios Cineduca do Ateneo de Santigo.

O mércores 18 celebrarase a entrega de premios do certame Cineduca do Ateneo de Santiago. A curta Monte Vivo  foi escollida para a final xunto cos traballos presentados polo IES Rosalía de Castro de Santiago e o Colexio Escolapios de Monforte. As tres curtas proxectaranse no Teatro Principal a partir das 19h no acto de entrega de premios. Noraboa ao alumnado e profesorado participante e ao proxecto de Biocultura.

NO IES FÉLIX MURIEL SOMOS TERRORÍFICOS!

Xa está publicado o vídeo co que o alumnado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso instituto participa como finalista no concurso do DígochoEu!

Parabéns o alumnado que participou na actividade e grazas a Esther Estévez e Carlos F. Amado pola experiencia de vir gravar con nós a pasada semana.

Distribuir contido


by Dr. Radut