Skip to Content

BOLSAS E CONVOCATORIAS

Bolsas de axuda aos estudos postobrigatorios para o curso 2024/25

Publicada a convocatoria para solicitar Bolsas de Axuda para estudos Postobrigatorios, para o curso 2024/25.

O PRAZO REMATA O DE 10 MAIO

Para máis información, aquí: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/...

 

Premios extraordinarios Bacharelato

Acceso á documentación relativa aos premios extraordinarios.

Código de procedemento: ED311A

Enlace á páxina de solicitude

 

Prazo de presentación de solicitudes ata o 25 de maio de 2023.

A realización da proba terá lugar o día 14 de xuño de 2023 e realizarase nos lugares
e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de
Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades (https://www.edu.xunta.gal).

 

 

Convocatoria mobilidades ERASMUSPRO no período marzo-xuño 2023

26/02/2023
Europe/Madrid

 

Nova convocatoria de mobilidades Erasmus+ para a realización de mobilidades VET-long ERASMUSPRO.

Pode participar todo o antigo alumnado do IES Félix Muriel que rematara o ciclo nos últimos 12 meses e non teña accedido a estudios de grao superior.

O antigo alumnado interesado debe presentar a súa solicitude xunto co currículum Europass e a carta de motivación, segundo establece a convocatoria (documentos adxuntos).

O prazo de presentación de solicitudes, a través do email felix.muriel.erasmusplus@gmail.com, remata ás 14:00 do 6 de marzo de 2023.

 

 

Bolsas do Ministerio de Educación e FP

Acaban de convocarse as bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a participación nun programa intensivo de inmersión ingüística en inglés en España durante o mes de xullo de 2023.

As persoas destinatarias son alumnado de Bacharelato e de Grao medio de Formación profesional.

 

Achégase o anuncio publicado no BOE o día 31 de xaneiro de 2023.

Prazos: a presentación de solicitudes remata o 3 de abrilde 2023 e farase a través da sede electrónica da páxina do ministerio www.educacionyfp.gob.es.

Solicitude de axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo de libros

19/05/2022 10:02
22/06/2022 10:02
Europe/Madrid

A Xunta abre prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso a fondo libros.

O período para presentar solicitudes -preferentemente telemático- permanecerá aberto ata o 22 de xuño.

BOLSAS CAMPUS DE AFONDAMENTO CIENTÍFICO SORIA

Destinatarios: Alumnado de Ciencias de 4º de ESO con notamedia do curso anterior igual ou superior a 9.

Prazo de solicitude:do 3 ao 12 de Maio de 2022.

Convocatoria: prema aquí

Premios extraordinarios de Bacharelato

O 25 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311A).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou premendo directamente na seguinte ligazón:(https://sede.xunta.gal).

Distribuir contido


by Dr. Radut