Skip to Content

INFORMACIÓN

Entregas Boletíns, consellos orientadores e reclamacións

26/06/2023 09:00
27/06/2023 14:00
Europe/Madrid

O luns 26 de xuño:

  • 09:00 horas. Inicio período de reclamacións ás Xefaturas de Departamento de 1º BAC e ESO.
  • 10:00 horas. Entrega de Boletíns e Consellos orientadores de 1º, 2º e 3º ESO
  • 10:30 horas. Entrega de orlas de 4º ESO e 2º Ciclo Medio no Salón de actos.
  • 11:00 a 14:00 horas. Revisión cualificacións co profesorado.

Martes, 27 de xuño.

  • 10:00 a 13:00 horas. Revisión cualificacións co profesorado.
  • 14:00 horas. Fin do período de reclamación de 1º BAC e ESO.

Mércores, 28 de xuño.

  • Resolución das reclamacións por parte dos Departamentos e comunicación ás familias.

 

 

Publicación cualificacións avaliación extraordinaria 2º BAC e Ciclo Medio

22/06/2023 14:00
26/06/2023 14:00
Europe/Madrid

As cualificacións da avaliación extraordinaria de 2º de Bacharelato e final de Ciclo Medio publicaranse a través de Abalar o día 22 de xuño ás 14:00 horas.

 

O prazo de reclamacións ás cualificacións comeza o día 23 ás 09:00 horas e remata o día 26 ás 14:00 horas.

Axudas para a realización de actividades en formación de linguas

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 

Destinatarios: alumnado que curse 1º ou 2º de Bacharelato neste curso académico 2023-2024

Tempo de duración: 3 semanas en Canadá, Francia, Portugal ou Reino Unido.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazo: ata o 29 de febreiro

GUÍA MEDIACIÓN PARENTAL PARA UN USO SEGURO E RESPONSABLE DE INTERNET POR PARTE DOS MENORES

Achegamos como ficheiro adxunto, esta guía elaborada polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) que agardamos sexa de interese e utilidade.

Programa EduMob de Francés

O IES Félix Muriel, como centro que promove a internalización do seu alumnado e que considera as competencias lingüísticas fundamentais na formación, ten decidido no Claustro a participación en programas de intercambio e mobilidade do alumnado.
Esta aposta de centro lévanos a animar o noso alumnado de 1º de bacharelato que cursa francés a presentar a súa candidatura para o Programa EduMob impulsado desde o Servizo de Innovación e Programas educativos da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

O programa EduMob está dirixido a alumnado matriculado na materia de Segunda Lingua Estranxeira I: Francés (1º de Bacharelato) durante o curso 2023-24 e que desexe integrarse durante catro semanas nun centro escolar francés e acoller unha alumna ou alumno francés nos mesmos termos.
Consiste nun programa de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade co alumnado matriculado en centros pertencentes á Rexión Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/24.

O alumnado interesado poderá presentar a súa solicitude segundo se establece na convocatoria e as bases, enviando un email a ies.felix.muriel@edu.xunta.gal. Indicando no asunto "Programa EduMob".
Deberá presentar os seguintes anexos cubertos e asinados:
- Anexo I (solicitude).
- Anexo II (baremo).
- Anexo III (condicións de saúde)
- Anexo IV (código de conduta)
- E no corpo do email indicar en que grupos, colectivos de voluntariado participa no centro (ex: clube de lectura, voluntariado biblioteca, EDGL,...).

O prazo de presentación remata o 27 de novembro de 2023.

Constituirase unha Comisión de selección que terá en conta os criterios de selección incluídos nesta convocatoria e que poden comprobarse no documento Baremo publicado na web do IES Féliz Muriel.

Programa Picasso Mob

O IES Félix Muriel como centro acreditado Erasmus+ ten decidido no Clasutro a participación no Programa Picasso Mob impulsado desde o Servizo de Innovación e Programas educativos da Dirección Xerañ de Ordenación e Innovación Educativa.
O programa Picasso Mob está dirixido a alumnado de Francés de 1º de Bacharelato durante o curso 2023-24.
Consiste nun programa de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade co alumnado matriculado en centros pertencentes á Rexión Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/24.

O alumnado interesado poderá presentar a súa solicitude segundo se establece na convocatoria e as bases.


O prazo para presentalas remata o vindeiro 15 de setembro de 2023

Comezo de curso 2023-2024

04/09/2023 10:25
15/09/2023 10:25
Europe/Madrid

O día 11 de setembro comeza a actividade lectiva no IES Félix Muriel tal e como aparece recollido na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O horario será o que se indica a continuación:

8:30

Presentación dos grupos de 1º ESO

Presentación dos grupos de 1º e 2º de Ciclo Medio

9:20

Presentación dos grupos de 2º e 3º ESO no patio central

Presentación dos 4º ESO e Bacharelato detrás do edificio Anexo

Ao rematar as presentacións, comezarán as sesións lectivas habituais, polo cal cómpre que o alumnado TRAIA O MATERIAL NECESARIO: caderno/ficheiro/folios e bolígrafo.

 

FELIZ REGRESO AO FELIX MURIEL!

Libros de texto 2023-2024

Achéganse as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024.

Atendan as indicacións dos manuais marcados con (*) xa que cómpre esperar ata setembro e que confirme o profesorado a súa necesidade ou non.

Follas de matrícula curso 2023-2024

Poden descargar as follas de matrícula para o curso 2023-2024, se ben tamén levan unha copia no sobre de matrícula.

Así mesmo achégase o documento para solicitar o cambio de modalidade en Bacharelato. 

Matrícula ESO e BACHARELATO. Curso 2023-2024

26/06/2023 09:30
29/06/2023 13:30
Europe/Madrid

As datas para a matrícula do curso 2023-2024 son as que seguen:

  • 26 de xuño. 1º ESO
  • 27 de xuño: 2º e 3º ESO
  • 28 de xuño: 4º ESO e BAC
  • 29 de xuño: BAC

Horario de atención ao público: 09:30 a 13:30 horas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut