Convite aberto para vivir un día de clases no Centro Superior de Hostelería

Vive un día de clases no CSHG

AXUDAS PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN COLONIAS DE VERÁN

Destinatarios: alumnado de 1º e 2º de ESO

Prazo: ata o 23 de abril.

Convocatoria preme aquí.

CLUB DE DEBATE

O Sábado celebrouse en Rianxo  a FASE LOCAL do Club de Debate 2018, na que participarán, canda o alumnado do IES Félix Muriel, equipos dos IES de Pontevedra, Marín e Dodro.

COMPETICIÓN XOGADE

4 alumnos do IES participaron esta fin de semana nun encontro de tenis de mesa.Sobre 50 alumnos entre 8 e 16 anos de  zonas como  Rianxo, Noia, Outes, Mazaricos, Santa Comba, Zas e A Picota competiron en Mazaricos durante toda a tarde do sábado.

PAULA CAMBESES 1ª CLASIFICADA NA OLIMPIADA DE QUÍMICA

A alumna de 2º de bacharelato, Paula Cambeses Franco clasificouse en primeiro lugar na  fase autonómica da Olimpiada de Química que se celebrou  en Santiago de Compostela. 

Agora disputará a fase nacional en Salamanca o primeiro fin de semana de maio.

Noraboa Paula! Moita sorte nesta segunda fase!!

 

 

 

REMATOU A V SEMANA SOLIDARIA

O venres 23 rematou a V Semana Solidaria cunha xirnada de convivencia na que o nosos alumnado compartiu parte do seu tempo con asociacións como:

-A Fundación Bocalán e os seus cans guía

-Con eles

-AMIPA

-ÁMBAR

-Plataforma do Centro de día de Rianxo

-Eduardo Fernández de Comedere

- Donw Compostela

Rematamos a xornada cun concerto de percusión de Xerock. 

Grazas a todos os pais e nais  que animaron a xornada cunha demostración do seu bo facer culinario!

Deixamos algúns enlaces da prensa sobre esta semana:

CONVOCATORIA RECUPERACIÓN POBOS ABANDONADOS

Destinatarios: alumnado de 3º e 4º de ESO Ciclos Medios e FP Básica menor de 18 anos.

Prazo:ata o 23 de Abril de 2018.

Convocatoria: preme aquí.

AS ENFERMIDADES RARAS

Hoxe o alumnado de 2º de bacharelato e Ciclo comenzou a nosa Semana Solidaria cunha charla da Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva. 

OBRADOIRO DE SENSIBILIZACIÓN

Hoxe xoves o alumnado de 2º ESO participou nunha serie de obradoiros de sensibilización organizados por AMICOS (Asociación de familias  de persoas con discapacidade psíquica).

Durante dúas horas compartiron xogos diversos:

Con "Outro punto de vista", "son os teus ollos"  traballaron a discapacidade sensorial mentras que con  "descifra a mensaxe", "Conto adaptado en lingua de signos" ou o xa coñecido "Memory" serviron para traballar a discapacidade intelectual. 

Charla co Colectivo Vagalume

O Colectivo Vagalume participou na Semana Solidaria cunha posta en común sobre unha realidade descoñecida para moitos de nós. Este colectivo está  especializado en dar apoio a mulleres en contextos de prostitución e/ou que son víctimas de trata con fins de explotación sexual. O alumnado de 4º de ESO coñeceu de primeira man esta situación e casos concretos de mulleres que non suceden nas películas senón na vida real.

É un achegamento á realidade que nos permite reflexionar e madurar...

 

Distribuir contido

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Abril 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA FCT ... (CONSULTA)

E PUNTUACIÓNS...(CONSULTA)

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA