Skip to Content

Curso 2018 19

Charla e demostración Impresión 3D

A impresión en tres dimensións é unha tecnoloxía que está a cambiar moitos aspectos do mundo actual.

O alumnado de 1º Bacharelato asistiu a unha interesante charla con demostración práctica o 23 de abril, no taller de tecnoloxía, a cargo do profesor Alberto Coelho Cotón, da Universidade de Santiago de Compostela

Selecciona a foto inferior e accederás ao álbum da actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Impresion3D

Proxecto Terra: Allariz

O alumnado de 2º de ESO, acompañado polos profesores Buga, Tareixa e Adrián, están de viaxe en Allariz, no marco do Proxecto Terra.

Selecciona a foto inferior para ver todo o álbum desta actividade Neste enlace podes consultar unha breve reseña desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> ProxectoTerra

Marzo lila

Como recordo á nosa compañeira María,

“As túas ideas seguen alumeándonos”

 

O curso pasado, cando María aínda estaba con nós, propuxo ao EDLG, do que formaba parte, a idea de organizar un Maio Lila con actividades durante todo o mes relacionadas coa muller e o galego.

 María segue acompañándonos.

 Inspirámonos nesta súa idea para organizar o Marzo Lila coas seguintes actividades:

Actividades organizadas polo Chafarís. EDLG do IES Escolas Proval.

Recuperando o monte Galiñeiro

  Alumnado de 2º ESO saiu por quinto ano consecutivo ao monte comunal para plantar árbores autóctanas. Maioritaiamente carballos que, cada ano, o alumnado de 1º de ESO cultiva a partir de sementes recollidas na proximidade. Unha vez xermolan, cóidanse durante un ano para, no curso seguinte, trasplantalas no monte

  Este ano colaboramos coa Mancomunidade de Montes de Vincios e é continuidade dunha saída realizada a comenzo de curso para arrincar os eucaliptos que agromaron no Galiñeiro tras os incendios.

  Esta actividade está organizada dentro do proxecto de centro RRR-Recursos, Residuos, Responsabilidade. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> RecuperacionMonteGaliñeiro

Proval no Canguro Matemático

18 alumnos de entre 1º de ESO e 1º de Bacharelato participaron no Concurso Canguro Matemático. Foi o xoves 21 de marzo e é a primeira ocasión na que o noso centro participa nesta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> CanguroMatematico
Syndicate content


by Dr. Radut