Skip to Content

Curso 2018 19

Día das escritoras en Proval

O pasado 15 de outubro celebrouse o Día das Escritoras. A biblioteca de Proval sumouse a esta data cun panel e unha exposición con obras de autoras rebeldes e trasngresoras

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> DiaEscritoras

Saída á Serra do Galiñeiro

 Alumnado e profesorado de ESO e Bacharelato realizaron unha saída á Serra do Galiñeiro o luns 1 de outubro. Durante esta actividade puideron coñecer o patrimonio histórico e natural e, ademáis, colaboraron coa Comunidade de Montes de Vincios na retirada de miles de exemplares de eucalipto que colonizaron zonas afectadas polos incendios forestais do ano pasado.

  Así recolleu a prensa este evento.

 

Alumnado de Proval na Feira Matemática de Agapema

  O sábado 7 de abril, un grupo de alumnas e alumnos do IES Escolas Proval desprazouse ata A Coruña para participar na duodécima edición da Feira Matemática organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

   Laura, Andrea, Nahir, Nerea, Diego e Jairo, de 2º de ESO, propuxeron aos visitantes obter o número Pi medindo obxectos da vida cotiá con cintas métricas, regras e calibres.

  Por outra banda, Clara e Laura, de 4º de ESO, amosaron varios traballos de investigación realizados co programa GeoGebra, nos que usaron diferentes métodos para obter o número Pi. Dende o método xeométrico de Arquímides ata métodos máis complexos como probabilísticos e analíticos.

   Así recolleu a prensa este evento:

 

Selecciona a foto inferior para ver o álbum completo desta actividade.

 

 

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Feira Matemáticas A Coruña
Syndicate content


by Dr. Radut