Curso 2018 19

Fútbol Gaélico

Submitted by iesproval on Tue, 2019-05-28 11:20

O martes 28 de maio o alumnado de 4º de ESO da matería Educación Física participou nunha xornada deportivo-recreativa de fútbol gaélico promovida polo clube Turonia Gondomar FG.

Trátase dun deporte que ten as súas orixes no século XVI e que, ademáis de ser moi completo a nivel motriz, fomenta valores coma o respecto polo rival, a coeducación, o xogo limpo e o compañeirismo.

No campo municipal As Gaiandas, os rapaces e rapazas recibiron unhas nocións básicas que logo puxeron en práctica nun campionato triangular. A noso agradecemento a Gonzalo, presidente do clube, e ao seu equipo técnico polo seu bo facer.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> FutbolGaelico

Visita a Pontevedra

Submitted by iesproval on Sat, 2019-05-25 08:32

 O xoves 16 de maio, o alumnado de 4º de ESO e da materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato visitou Pontevedra. Estiveron no Museo, no edificio de Arte Contemporánea, disfrutando da obra de Castelao, Maside, Colmeiro ou Maruxa Mallo. E despois de xantar, visitaron o Castelo de Soutomaior paseando polos seus xardíns e polo interior, onde puideron visionar uns videos moi didácticos sobre unha etapa da nosa Historia complexa e non sempre explicada en clase.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> PontevedraHMC

Letras Galegas con Mofa e Befa

Submitted by iesproval on Sat, 2019-05-25 08:30

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega de Proval organizou o pase no centro da obra Craneos Privilexiados de Mofa e Befa

Preme na fotografía inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> CraniosPrivilexiados

Celebrando os maios

Submitted by iesproval on Sat, 2019-05-25 08:27

Un ano máis celebramos esta festa en Proval. E este foi o noso maio....

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Maios

Intercambio de libros

Submitted by iesproval on Thu, 2019-05-23 10:32

En Proval celebramos o Día Internacional do Libro, o pasado 23 de abril, con varias actividades entre as que destacamos o intercambio de libros.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade.

 

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> IntercambioLibros

A represión franquista no Val Miñor

Submitted by iesproval on Wed, 2019-05-22 10:55

  O pasado luns 13 de maio acompañáronnos, nun triste pero necesario repaso pola Historia do Franquismo e da Transición, Telmo Comesaña, Celso López e Manolo Pipas.

Asistiu o alumnado de ESO e Bacharelato así como o alumnado de ESA. Todos os grupos valoraron moi positivamente este tipo de charlas.

Esperamos poder seguir abrindo a escola á vida

Selecciona a foto inferior para ver o álbum da actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> RepresiónValMiñor

Computación evolutiva

Submitted by iesproval on Sun, 2019-05-05 22:49

 O venres 29 de abril tivemos a ocasión de coñecer a Intelixencia Artificial no taller temático Computación evolutiva: un modelo de IA para a resolución de problemas. Foi impartido por Alberto J Bugarín Diz, Catedrático da Universidade de Santiago, dentro do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC. Participou o alumnado de TIC de Bacharelato.

 Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum da actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> IntelixenciaArtificial

Complementando a nutrición

Submitted by iesproval on Sun, 2019-05-05 22:49

 Durante o mes de abril, nas clases de bioloxía de 3º ESO, estamos estudando a nutrición. E complementamos o tema cunha actividade moi motivadora para o alumnado: a elaboración de empanadillas, guiados polo responsable da cafetería do centro e cociñeiro da mesma. Posteriormente cada alumno calculou o valor nutritivo dese plato de comida

 Plantexámonos como obxectivo desta actividade a reflexión do alumnado sobre a finalidade da súa alimentación e a concienciación sobre a importancia da elaboración dos nos propios alimentos por seren máis sans, sempre que conteñan ingredientes de calidade

  Seleccionando a foto inferior podemos ver ao alumnado de 3º ESO B coa profesora da materia, Pura González, e o responsable da cafetería do centro, Javier Rodríguez

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Nutricion

Competición de Robots

Submitted by iesproval on Mon, 2019-04-29 10:00

Alumnado de 1º de Mantemento Electrónico e da materia de Robótica de Bacharelato participaron o venres 26 de abril na IV Competicións de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> ConcursoRoboticaEEI

Gañadores do torneo de Xadrez

Submitted by iesproval on Mon, 2019-04-29 09:58

Despois dun segundo trimestre de torneo de Xadrez na Biblioteca, chegou o momento da entrega de premios nas duas categorías establecidas... E os gañadores foron:

  • Na categoría de maiores (bacharelato e ciclos) : 1º Jorge Bacelos (1º Ciclo Superior de Mantemento Electrónico) e 2º Daniel Fernández (2º Bacharelato)
  • Na categoría de ESO: 1º Daniel Pérez (1º ESO B), 2º Ramón Prado (1º ESO A) e 3º Bayan Giráldez (1º ESO B)

Selecciona a foto inferior para ver o álbum

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Torneo Xadrez
Syndicate content