Skip to Content

Reseña do proxecto Terra-Alariz

  Os días 4 e 5 de abril, o alumnado de 2º da ESO percorreu o entorno e Vila de Allariz, dentro do programa educativo, deseñado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Arquitectura Sen Fronteiras e Consellería de Educación, Proxecto Terra.
  •   O xoves visitamos a Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, xoia do románico, nun entorno moi ben recuperado, para apreciar, a configuración do que ten que ser unha paisaxe rural. Perto dalí, visitamos o Castro de Armeá, coa reconstrución de dúas casas romanas. Moi pertiño del, visitamos a Cripta de Santa Mariña, un fascinante mundo no que se recrean as crenzas relixiosas dos diferentes grupos humanos que habitaron Allariz. A hora de comer, e pola tarde, desfrutamos do Rexo, finca de explotación agro-gandeira ecolóxica, onde se elabora o único queixo de ovella ecolóxico de Galicia. Tamén vimos ao lonxe, - a metereoloxía non nos permitiu acercarnos-, o bosque pintado de Ibarrola.
 
  •    O venres visitamos a vila de Allariz, Museo do Traxe, Museo do Xoguete, Igrexa románica e entorno no que se rodou a película "A Língua das Bolboretas".


page | by Dr. Radut