Dende a Biblioteca organizouse unha sesión para o alumnado de 2º de ESO na que traballaron a caligrafía e a motricidade fina. Trátase dos obradoiros de Letteringimpartido por Saray Souto de 2º ESO e de Origami, artellado por Salvador Andrade de 4º de ESO. O alumnado xa pode presentar traballos ben vistosos grazas á maxia de Saray cos rotuladores, ou mesmo mellorar calquera estancia coas belas figuras que Salvador lles propuxo.
CULTURA SENEGALESA
O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO tivo a sorte de asistir á presentación bilingüe sobre o Senegal preparada polos alumnos de 1º da FPB Ndoye e Omar Ndoye (co apoio moral de Abi Fall). Grazas ao seu traballo, hoxe todos saben un pouquiño máis sobre eles e o seu país de orixe: historia, cociña, relixión, costumes… Esperamos poder compartir experiencias con eles en máis ocasións.
VISITA DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA DE CABANA
O alumnado de 1º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e o de Educación Dixital participounun encontro cos usuarios do centro de día de Cabana. O alumnado preparou unhas adaptacións dixitaisdos xogos de mesa aos que habitualmente xogan no centro de día. A idea que xurdiu do propio alumnado foi facer un achegamento lúdico ás novas tecnoloxías xa que moitas veces as persoas maiores atopan máis dificultades para entender os dispositivos electrónicos
Café Científico
Ángel Carracedo aceptou a nosa invitación para pechar esta semana cun café científico organizado polo Club de Ciencias
Taller de diversiplás impartido pola asociación íntegro
O alumnado de 1º De Atención a Persoas en Situación de Dependencia e o de 2ºda ESO participou nun tallerimpartido por dous membros da Asociación Íntegro para coñecer o seu proxecto Diversiplás. U
nprograma de asesoramento e formación no tratamento e valoración de plásticos, promovento accións deboas prácticas para reducir a presenza de plásticos no litoral a través da limpieza das praias e zonascosteiras.
OBRADOIRO DE VOCES NO MUSICAL
O pasado venres, 5 de abril, dentro da nosa XXII Semana Cultural, recibimos a visita dunha cantante de Musicais, da compañía Ecopercussion, que introduxo ao alumnado de 2º e 3º da ESO no mundo da técnica vocal en relación ás cancións de Musicais de Hollywood. Especial axuda recibiron os alumnos que forman parte da compañía de Lóva “Area constelación”
Taller de potingues
O alumnado do club de ciencias guiou aos alumnos de 1º e 2º da ESO na fabricación de labiais, perfumes ou sales de baño.
O alumnado de 1º da ESO pudo achegarse ao baile tradicional da man dos seus compañeiros e compañeiras máis maiores. Realizáronse dúas sesións nas que o alumnado voluntario ensinou os principios do baile solto aos alumnos e alumnas participantes que amosaron moito xeito nos seus puntos e rodas, quedando con ganas de máis.
MASTERCLASS START-UP
O alumnado de 4º da ESO e 1º de BACHARELATO disfrutou da oportunidade de experimentar unha masterclass de adestramento en grupo reducido nunha das instalacións dispoñibles na vila. Achegámonos ao ximnasio Start-Up onde Jonathan aproveitou para ensinarnos como funcionan algunhas máquinas pouco comúns e puxo a suar ao alumando, nunha clase adaptada aos diferentes niveis que servíu para presentar unha metodoloxía de traballo diferenciadora.
Planetario portátil
Unha nova actividade do club de ciencia.
Cada vez queda menos para completar o noso planetario tras esta nova visita de Jose , o noso programador de cabeceira.
Círculos de diálogo
Dende o equipo de convivencia seguimos apostando pola técnica restaurativa dos círculos de diálogo. Nesta semana cultural, alumnado experto nestas dinámicas, deseñaron e facilitaron círculos de diálogo dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de ESO para falar do que lles gusta e do que se pode mellorar de cara a un maior benestar como grupo.
OBRADOIRO DE PREHISTORIA
OBRADOIRO DE PREHISTORIA
O alumnado de 1º ESO, dividido por grupos de traballo, convertéronse en arqueólogos e arqueólogas, para desenterrar réplicas de pezas paleolíticas e da idade dos metais. Ademais, tamén recrearon pinturas rupestres usando pinceis, aerógrafos, morteiros e pigmentos que recreaban os da época. Os resultados, saltan á vista!
XINCANA COOPERATIVA E BUSCA DO TESOURO
Xogos, inxenio, estratexia e moita diversión experimentou o alumnado de 1º de Bacharelato na busca dun tesouro e nunha xincana cooperativa deseñada e dinamizada por alumnado de convivencia.
IL ÉTAIT UNE FOIS…
O día 4 de abril, dentro da XXII Semana Cultural, o alumnado de Francés de 1º de Bacharelato, 2º, 3º e 4º da ESO participaron no espectáculoConte avec-moi, no que o formador e contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou achegou a rapazada á tradición da narración oral. Grazas ao savoir-faire de Samuel, o alumnado non só descubriu contos africanos coma L’âne et le crocodile ou Le chasseur et ses trois enfants, senon que exerceu como parte activa na teatralización dos mesmos. Merci Samuel! Oulaoulá!
TOMA DE CONSTANTES VITAIS
O alumnado de 1º do ciclo de Atención a persoas en Situación de Dependencia realizou un taller para atoma de constantes vitais ós seus propios compañeiros e compañeiras do instituto.
Neste taller realizouse a toma de constantes, compararon os parámetro obtidos cos normais establecidos eensinóuselles como se fai a toma de constantes (tensión arterial, Tª, respiración e pulso)
Reconstruímos mundos pasados
MASTERCHEF ÉDITION FRANCE
Durante a XXII Semana Cultural, o alumnado de Francés de 4º da ESO participou nun concurso de cociña francesa no que, por equipos, tiveron que elaborar tres especialidades galas: unha quiche lorraine, un clafoutis de arándanos e a famosa tarte Tatin. Imposible decantarse por un gañador… Un vrai régal, como dirían por alá!
MITO E CIENCIA FICCIÓN
Dende a Biblioteca e o club de lectura propuxemos ao alumnado de 2º ESO a actividade “Mito e ciencia ficción” dirixida polo noso profesor de Filosofía Xan Eguía, autor de obras como Supremas. Mozas mitolóxicas ou Mitoloxía futura. De Neo a Prometo: construíndo o novo mito. A proposta de Xan consistiu nun xogo de pistas sobre arquetipos e personaxes da mitoloxía, ciencia ficción e cómic. A idea consistía atopar as similitudes e crear un personaxe a partir dasimaxes de heroes, deuses, protagonistas de cómics… e escribir unha historia a partir da creación plástica. Os resultados foron sorprendentes!
Taller de comida texturizada
A disfaxia é a dificultade que pode ter unha persoa para deglutir alimentos de determinadas texturas. Para posibilitar que as persoas afectadas se poidan alimentar pode ser necesario adaptar a textura dos alimentos.
O alumnado de 1º do ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia dedicou unha semana a experimentar con distintas técnicas para modificar a textura de diferentes alimentos. Probaron as técnicas, axustaron cantidades e proporcións ata acadar a textura desexada e anotaron os resultados. Tendo en conta estes resultados, as alumnas de APSD ensinaron as técnicas aprendidas ao alumnado de 2ºESO A para facer un menú texturizado: espaguetis con verduras e macedonia de froitas.
O alumnado da ESO tivo que demostrar tamén a súa creatividade e dotes artísticos pois comemos cos ollos!
Tiro con arco
Da man do Club Pontecesán “Flechas por un tubo”, o alumnado dos cursos 1º, 2º e 3º da ESO puido achegarse dun xeito teórico e práctico a esta disciplina tan interesante. Ademais de asistir a unha presentación e demostración por parte dos voluntarios, algúns deles tamén algumnos do centro, o alumnado asistente puido probar sorte cos arcos, frechas e dianas que o club puxo a súa disposición, xerando curiosidades que prometen continuidade da afición na vila a esta modalidade deportiva.
Accésit para o alumnado do Proxecto Competencial. Departamento de Latín
O alumnado da materia "Deseño e redacción dun traballo universitario", do Proxecto Competencial de 2º de Bacharelato impartida polo Departamento de Latín, obtiveron un accésit no "Premio Otero Pedrayo para estudantes de secundaria e bacharelato".
Dous alumnos do Instituto Eduardo Pondal en Italia
Dous alumnos do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso están en Italia para realizar prácticas nunha asociación de persoas con autismo.
O alumnado de Latín e Grego realizou unha saída didáctica aos concellos de Vimianzo e Zas, para coñecer algunhas pegadas da Historia, especialmente da presenza romana na Costa da Morte.
María Bazar Verdes iniciará hoy mismo sus prácticas en el templo gastronómico Culler de Pau, en O Grove. «Javi Olleros é un referente, sempre foi un sitio que me gustou, e do que querería formar parte unha tempada», explica.Seguir lendo
Obradoiro da SXGQ
O pasado luns 15 de abril tivemos a visita dos rapaces da Sociedade Xuvenil Galega de Química para realizar un obradoiro.
Como vén sendo habitual dende hai uns anos, o alumnado de Francés de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso realizou unha viaxe de inmersión lingüística a Bélxica, organizada polas profesoras dese Departamento. Durante cinco días, os rapaces visitaron as vilas de Bruxas, Gante e Bruxelas. (Fotos)
O luns 15 de abril ,alumnado que participa nos clubs de lectura e no programa de voluntariado da biblioteca realizou un roteiro literario e cultural pola cidade da Coruña. A visita guiada pola Torre de Hércules permitiunos coñecer a súa historia e observar as impresionantes vistas dende o máis alto do monumento
Co fin de reunir cartos para a viaxe de inmersión lingüística a Bélxica de 1º de Bacharelato, o departamento de Francés do noso instituto organizou a tómbola Grand Prix. O afortunado gañador da cesta de produtos franceses foi Jesús Bermúdez Varela, que apostou polo número 79, terminación do cuponazo do venres día 5 de abril: o 30979. Parabéns Jesús!
Orgullosos dos nosos
Esta pasada semana tivo lugar a competición Spain Skills, a olimpiada nacional de Formación Profesional con representación do Instituto.
Orgullosos da nosa campiona María Bazar, exalumna do centro, e da cuarta praza de Borja Martínez.
AXUDASPARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024
NOTA INFORMATIVA DO 26 DE MARZO DE 2024
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Seguindo a tradición, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso estrea o mes de abril celebrando a súa XXII Semana Cultural. Entre o 2 e o 5 deste mes, alumnado e profesorado aparcarán momentaneamente o currículo oficial para abrirse a novas experiencias que completen o seu desenvolvemento académico e persoal: origami, lettering, zumba, baile tradicional, xincanas, escape room, economía circular, sombreirería artesanal, obradoiros de arxila, de arqueoloxía, robótica, graffiti, cociña francesa, cociña texturizada…
Visita do noso alumnado ao Parque eólico experimental Sotavento
O pasado luns 4 de marzo unha representación de alumnos e alumnas do noso centro achegáronse a Xermade a 10 km de As Pontes en Lugo a visitar esta empresa punteira no campo da investigación do aproveitamento da enerxía do vento.
Despois de moito traballo por parte do equipo de internacionalización do IES Eduardo Pondal e en especial da súa coordinadora, Silvia Candia, o noso centro vén de conseguir a Acreditación Erasmus en Educación Escolar(KA-120 SCH) para mobilidades do alumnado da ESO e do Bacharelato ata o 2027.
Con motivo da celebración do Día da Muller, o próximo venres 8 de marzo, será inaugurada durante o recreo a exposición fotográfica "Mulleres (re)creadas" que conta coa participación das alumnas e profesoras do instituto, as cales, escolleron a unha figura feminina relevante e a partir de aí, tomaron unha fotografía caracterizándose como dita muller.
Invitamos a toda a comunidade educativa a pasar polo corredor principal de entrada do instituto para gozar das fotografías e agradecemos a participación a todas as alumnas e profesoras.
As nosas pedagogas terapéuticas nas Xornadas de Atención á Diversidade
Achegas das investigacións en orientación, protocolo educativo para a prevención e tratamento do acoso e ciberacoso e neurociencia e educación nas dificultades de aprendizaxe serán temas claves desta formación.
8M
Con motivo da celebración do Día da Muller, o próximo venres 8 de marzo, será inaugurada durante o recreo a exposición fotográfica "Mulleres (re)creadas" que conta coa participación das alumnas e profesoras do instituto, as cales, escolleron a unha figura feminina relevante e a partir de aí, tomaron unha fotografía caracterizándose como dita muller.
Invitamos a toda a comunidade educativa a pasar polo corredor principal de entrada do instituto para gozar das fotografías e agradecemos a participación a todas as alumnas e profesoras.
Curso de dano cerebral no instituto de Ponteceso
O IES Eduardo Pondal de Ponteceso acollerá un curso sobre «Alimentación, nutrición e deglución. Abordaxe no dano cerebral adquirido». Será na biblioteca, de 9.30 a 14.00 horas. Estará impartido por logopedas e terapeutas ocupacionales de Fegadace en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
O pasado venres celebramos na biblioteca do instituto o primeiro Venres musical deste ano, que nesta ocasión coindiciu coa homenaxe a Rosalía de Castro.
Así de ben o fixeron os nosos alumnos e alumnas. Parabéns a eles e moitas grazas a todo o público asistente!!
Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, a biblioteca do centro xunto co alumnado vai festexar esta data cun RECITAL POéTICO E MUSICAL, que terá lugar durante o recreo na propia biblioteca. O programa do acto será o seguinte:
Presentación a cargo do alumnado de /Ponte na onda. Radio/. De seguido, Uxía Blanco de 2º ESO A interpretará as pezas musicais /Rosalía pequeniña/ e /No bico un cantar/. Posteriormente, o alumnado de Oratoria de 3º ESO lerá os seguintes poemas da autora: "Hei cantar", "O Xan" e "Eu cantar cantei". Para finalizar, Lucía Sande de 4º ESO interpretará a capela o poema "Negra sombra"
36 xeracións de rapaces cos nomes cambiados lembran con cariño a nosa eterna conserxe que hoxe entra na idade dourada.
Parabéns
In
O martes 20 de febreiro o alumnado de 4ºESO de Expresión Artística, realizou un obradoiro na empresa Lar de Corcubión, para aprender a traballar a técnica do mosaico, que aplicará nun mural sobre 'Os traballos da muller na época da emigración' nesta avaliación
Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).
O luns 19 de febreiro os alumnos de 2ºESO e parte do alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitaron o centro histórico de Santiago para analizar os diferentes estilos arquitectónicos empregados entorno á catedral e no Convento de Santa Clara.
O pasado día 9 de febreiro, tras o tradicional Mandadiño da semana, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebrou o Entroido cun desfile de comparsas coa Literatura como fío condutor.
O pasado día 2 de febreiro, no IES Eduardo Pondal celebramos A “Chandeloria”, a doble versión dunha tradición compartida por galegos (A Candeloria) e franceses (La Chandeleur). Así, amorosas pombas e ricas crêpes acabaron mesturándose nunha xornada que, con sorte, deixará atrás o morriñoso inverno. Velaquí a reportaxe gráfica.