IES EDUARDO PONDAL

Entroido 2024

O pasado día 9 de febreiro, tras o tradicional Mandadiño da semana, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebrou o Entroido cun desfile de comparsas coa Literatura como fío condutor. Superheroes anónimos, Alicia no País das Marabillas, Willy Wonka, Oompa Loompas, personaxes de Lorca, gangsters ou Xesucristo Superstar e Santos varios, son algúns dos personaxes que se pasearon polo pavillón do instituto, no que tamén houbo venda de orellas, rosquillas, chocolate quente e mesmo a rifa dunha cesta carnavalesca que, por obra e gracia do Altísimo, tocoulle a Xesucristo…

 

Os gañadores do concurso de disfraces foron: Xesucristo Superstar e cía (4º ESO A), Bodas de Sangue (1º BAC B) e Alicia no País das Marabillas (2º ESO B). Parabéns a todos e todas. Un “Vale-Sesi” vos agarda en Vicedirección.

 

Por aquí vos quedan unhas fotos para o recordo.