IES EDUARDO PONDAL

Bacharelato

Abrir en pantalla completa

 

Tecnolóxico Humanidades
 Na oferta formativa do IES Eduardo Pondal pola rama de bacharelato tecnolóxico podemos ofrecer toda a optatividade desta rama formativa:
  • Debuxo Técnico
  • Física e química
  • Tecnoloxía e enxeñaría
  • Tecnoloxías da Información e Comunicación
  • Tecnoloxías Intelixentes

O profesorado co que contamos conta cunha longa experiencia e está en continua formación, xa que así o require o avance tecnolóxico dos tempos nos que estamos.

Por outra banda, o noso equipo humano lidera e participa nos distintos plans de innovación educativa cos que contamos no centro como os Polos Creativos e o Club de Ciencias, entre outros.

Todo isto, permítenos contar cuns recursos de última xeración en canto a deseño e fabricación, así como as últimas novidades en programación, intelixencia artificial,  Iot (Internet of Things)...

 O Centro conta con profesorado definitivo sobradamente preparado para cubrir todas as optativas dun bacharelato de Humanidades:

  • Latín (Máis información)
  • Grego (Máis información)
  • Historia do Mundo Contemporáneo
  • Historia da Arte
  • Literatura Universal
  • Xeografía
  • Filosofía
  • Antropoloxía
  • Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. 
  • Segunda Lingua Estranxeira 
  • Léxico científico e tecnolóxico (Máis información)
Ciencias da saúde Ciencias sociais

 As materias optativas que nos dirixen cara os estudos relacionados coa saúde están presenten na oferta do noso centro:

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Física e Química
  • Anatomía Aplicada
  • Cultura Científica
  • Métodos estatísticos e numéricos
  • Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais.
  • Psicoloxía
  • Léxico científico e tecnolóxico (Máis información)

Porén, a principal fortaleza do noso centro é o compromiso de facer o máximo esforzo por conseguir as combinacións necesarias de optativas para atender gran diversidade de opcións que existen nesta rama do saber. 

 Cunha ampla oferta optativa e, como en todos os demais bacharelatos, o compromiso de proporcionar o máximo de combinacións posibles para facer fronte a todas as necesidades formativas.

  • Economía
  • Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais
  • Métodos estatísticos e numéricos
  • Antropoloxía
  • Literatura Galega do Século XX e da Actualidade.
  • Literatura Universal
  • Segunda Lingua Estranxeira 
  • Léxico científico e tecnolóxico (Máis información)
Ciencias Básicas Artes

 A opción de Ciencia Básica resulta unha elección necesaria non só para quen ten claro que quere dedicarse a estas Ciencias, senón tamén para quen aínda prefire manter aberto o abano de opcións. Así podemos ofertar en primeiro de bacharelato:

  • Física e Química
  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Debuxo Técnico
  • Tecnoloxía e Enxeñería

A combinación destas materias ábrenos todas as opcións en segundo de bacharelato, permitindo así adiar a decisión do campo de estudo para os que dubiden ao inicio do Bacharelato.

 A pesar de non contar con esta especialidade de bacharelato, a presenza de profesorado definitivo na especialidade de Artes permite ao centro ofertar optativas deste bacharelato que non son ofertadas pola maioría de centros da comarca:

  • Debuxo artístico
  • Deseño
  • Volume
  • Historia da Arte
  • Linguaxe e práctica musical
  • Análise Musical
  • Historia da Música e a Danza
  • Léxico científico e tecnolóxico (Máis información)