IES EDUARDO PONDAL

Novas Orientación

Benestar Emocional da Comunidade Educativa e a Conviviencia positiva


Congereso benestar

O pasado mércores 18 de outubro, a nosa orientadora, coordinadora de benestar emocional no centro educativo, e a nosa Mestra de Pedagoxía Educativa e responsable de Formación do Profesorado e do grupo de traballo en Convivencia, tiveron a oportunidade de participar no Congreso de Coordinadores de Benestar Emocional e Convivencia celebrado no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Entre outros temas, presentouse a Guía para a Elaboración do Plan de Benestar Emocional e Convivencia do centro, a desenvolver para beneficio de toda a nosa comunidade educativa, alumnado, profesorado e familias, no que traballaremos neste curso 2023 2024.

Algúns centros, entre eles dous da comarca de Bergantiños, compartiron ás súas boas prácticas na materia, e profesionais de recoñecido prestixio, como Rafael Bisquerra, fixeron ponencias sobre a relación entre educación emocional, benestar e convivencia.

Quedamos con esta imaxe sobre os elementos do benestar.





Enlace á noticia na web da Consellería: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41332

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE 2020-2021

(Estas axudas son incompatibles coas bolsas xerais do MEC)
☺ O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica a Resolución de 31 de xullo de 2020, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020/2021.


Destinatarios: Alumnado que presente unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:


►Discapacidade
►Trastorno Grave da Conduta
►TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave da conduta
►Trastorno do Espectro Autista (TEA)
►Altas Capacidades

Máis información sobre as persoas que poden solicitar as axudas, niveis educativos e contías prema nesta ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html 

Toda a DOCUMENTACIÓN que precisas entregar vén detallada na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/quenecesitas.html#necesidad-apoyo-educativo

PASOS PARA SOLICITAR A AXUDA:A solicitude debe cumprimentarse de forma telemática naSede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional seguindo os pasos que na seguinte ligazón

 https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/comosolicitarla.html#pasos-para-solicitarla

◊ Lembrade que debedes imprimir todas as follas que xenere a aplicación.
◊ A solicitude deberá ser asinada por todos os integrantes da unidade familiar que sexan maiores de 18 anos.
◊ Todos estes documentos, máis os certificados que se pidan en cada caso, serán entregados no instituto para que a orientadora elabore os informes pertinentes e o centro xestione a entrega dos mesmos á instancia pertinente.


PRAZO DE PRESENTACIÓN: 30 de setembro de 2020 (este prazo refírese ao tempo máximo do que dispón o centro para facer entrega da documentación polo que o prazo de entrega por parte das familias deberán adiantarse uns días).


☺ Toda a información no portal de bolsas e axudas do ministerio:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

Distribuir contido