IES EDUARDO PONDAL

Novas Orientación

AUTO-ORIENTACIÓN

 

 

  Esta é a versión 2012 dol PROGRAMA ORIENTA, un recurso especialmente útil para che axudar a decidir sobre o teu futuro.
Se queres descargalo no teu computador fai click aquí 

OFERTA DE CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2012-2013

 

Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

Nas seguintes ligazóns podes atopar a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario na modalidade presencial, e a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia para o curso 2012-2013, clasificadas por provincia e concello, así como por familia profesional e ciclo:

Réxime ordinario na modalidade presencial:

 

Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):

 

Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):

 

 Oferta de FP en centros privados

Os ciclos formativos de formación profesional autorizados en centros privados pódense consultar na seguinte ligazón:

- Centros privados con oferta de FP autorizada 

Distribuir contido