IES EDUARDO PONDAL

Alumnos

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 

 

Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

  • Bacharelato.

  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.

  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores.

  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.

  • Ensinos deportivos.

  • Estudos relixiosos superiores.

  • Formación Profesional de Grao Básico.

  • Ensino universitario: Grados, Máster...

 

COMO SOLICITALA?.

 

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

2. REXÍSTRATE.

 

  • Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

 

  • Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que te volvas a rexistrar.

  • Se nunca te rexistraches, preme en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

 

  • Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:

 

  • Çon Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou

  • Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.

 

3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegues algún documento concreto.

 

4. IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:


DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS:

XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

  • PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h, ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h (horas peninsulares)

 

 

  • DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO AO CORREO ELECTRóNICO

  • Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non estudar.

 

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

 

O alumnado que este curso estea a cursar 4º de ESO e 2º de Bacharelato poderá acreditar as súas competencias dixitais.

 

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Competencia dixital do alumnado

O Marco Galego de Competencias Dixitais establece 5 grandes áreas de dominio e 21 competencias:

  1. Información e datos

  2. Comunicación e colaboración

  3. Creación e contido dixital

  4. Seguridade e privacidade

  5. Contorna dixital e solución de problemas

Certificación ComDix

  • Certificación do nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais.

  • A partir de que idade se obtén? A partir dos 16 anos.

  • Como se obtén? Validación ou proba.

  • Caducidade: 5 anos.

Niveis de aptitude

  • Iniciación. Alumnado que obteña o título da ESO

  • Intermedio.

    • Alumnado matriculado 4º ESO + Proba específica que acredita competencias dixitais de nivel intermedio.

    • Alumnado que obteña o título de Bacharelato. Acredita áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 co nivel intermedio

    • Alumnado matriculado en 2º Bacharelato + Proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio

Solicitude e inscrición nas probas específicas

Data límite: 11 de marzo de 2024

Modelo de solicitude: Anexo IV (entregado na aula pola directora, hai exemplares dispoñibles en Secretaría)

Data e lugar de realización das probas

Desenvolveranse no centro educativo na data e hora establecidas pola Administración.

  • Proba específica que acredita competencias dixitais de nivel intermedio (4º ESO): Maio

    • Duración máxima: 90 minutos.

    • 60 preguntas (12 por cada área de dominio)

    • Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 70% das preguntas. Mínimo 60% respostas correctas en cada área.

  • Proba específica que acredita área de dominio 4 de nivel intermedio (2º Bacharelato):Abril

    • Duración máxima: 20 minutos.

    • 12 preguntas.

    • Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 60% das preguntas.

Como será a proba? Neste enlace podes probar as túas habilidades.

 

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Requisitos de participación:

    

Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.

    

Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.

    

Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.

    

Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

    

Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    

Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

  https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ 

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Carmela Velasco gañadora do certame "Imaxes do patrimonio"

Carmela

O pasado 1 de setembro o xurado do VI Certame "As imaxes do patrimonio", na categoría de ensino secundario na modalidade de poscast, concedeu o primeiro accésit a nosa alumna Carmela Velasco Cures, sendo invitada ela e os seus compañeiros á gala de entrega de galardóns, que terá lugar o próximo 17 de novembro en Ourense.

Moitos parabéns e agradecementos por este premio a Carmela!!!

Podedes escoitar o podcast no seguinte enlace.

Distribuir contido