IES EDUARDO PONDAL

Alumnos

JAVIER, ALUMNO DO IES DE PONTECESO, XUNTO A OUTROS ALUMNOS E ALUMNAS DE GALICIA, RECIBIRAN UN RECOÑECEMENTO DA UNIVERSIDADE

Javier Ordóñez Pereira, que acaba de rematar 2º de Bacharelato, ex-alumno xa do instituto, (xa ten a solicitude entregada na facultade de Medicina), asistirá a un recoñecemento por parte da Universidade que reune aos alumnos e alumnas con mellores notas para acceso a Universidade de Galicia e que terá lugar o venres 10 de xuño no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Esto ven publicado na voz de Galicia do día xoves, 9 de xuño. Transcribimos aquí a entrevista que se lle fixo a Javier e que está publicada neste diario e deixamos o vínculo da páxina da súa edición dixital.
 
Noraboa Javier.
 
 
javier

 

 «Teño que agradecer o gran labor do instituto»

 testimonios | JAVIER ORDÓÑEZ PEREIRA | Alumno del IES Ponteceso 
 

Tras conocer la noticia a través de sendas llamadas «do director e do profe de ciencias», Javier Ordóñez Pereira, alumno del instituto de Ponteceso y vecino de Pazos, se mostró muy contento por el hecho de recibir uno de los premios a los mejores expedientes de Galicia: «Foi unha gran sorpresa, porque nin sequera sabía que existía este galardón», apuntó este estudiante, que ha cerrado su paso por el bachillerato y la selectividad con una nota media de 9,01.

Su logro es fruto de un intenso trabajo, aunque Javier explica que es un joven normal que tiene por aficiones «saír cos amigos, a música e o deporte». También tiene claro su futuro en la universidad: «Desde sempre quixen estudar Medicina e espero que a nota me chegue para entrar na facultade», explica mientras disfruta ya del verano, aunque sin aparcar del todo los libros, ya que quiere aprovechar este tiempo para comenzar a preparar el examen del carné de conducir. «Cumpro os 18 en novembro, pero estou estudando xa para poder sacalo canto antes», cuenta.

Se confiesa un apasionado de las matemáticas y, especialmente, de la biología, y asegura también que su buena marcha académica no hubiese sido posible sin la ayuda de los responsables del centro: «Teño que agradecer o gran labor do instituto. Sempre estiveron aí e axudáronme moito», reconoce. 

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO DO IES PONTECESO EXPOÑEN O SEU TRABALLO NUN CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

 O alumnado de 4º da ESO, expuso no paranimfo da Universidade da Coruña o traballo sobre a diversidade ornitolóxica do esteiro do Anllóns. Un traballo coordinado polo profesorado do Departamento de Ciencias Naturais e do que deu conta a prensa comarcal. Deixámosvos o artigo que apareceu o venres 29 de maio na prensa, escrito a continuación, ou ben podedes acceder directamente á paxina dixital deste xornal premendo no seguinte vínculo: artigo congreso educación ambiental

 

Alumnos da zona destacan a riqueza dos ríos nun congreso de educación ambiental

La Voz 29/5/2009 

Os alumnos do Agra de Leborís, IES Ponteceso e Maximino Romero de Lema destacaron a riqueza ambiental do río Grande e do Anllóns na súa intervención no congreso promovido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), que se celebrou onte no paraninfo da universidade coruñesa. A Costa da Morte tivo unha boa representación, xa que xunto aos escolares que interviñeron como relatores se desprazaron ao redor de 80 alumnos dos tres institutos. Os laracheses mostraron aos asistentes ao foro a variedade de flora e fauna intentando concienciar sobre a importancia do coidado e conservación do Anllóns. Os de Ponteceso fixeron fincapé na variedade ornitológica coa que conta este espazo. 

 congreso educacion ambiental

ACTO DE DESPEDIDA AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º DE BACHARELATO

Todo chega, e como non, tamén, as despedidas, que son realmente benvidas a outras etapas da vida... 

 A todos aqueles e aquelas que conseguiron superar con éxito as súas previsións e que agora, (quedan as probas de acceso á universidade, pero seguramente as superen co mesmo éxito que superaron o bacharelato) afrontan novos desafíos académicos, naraboa e transmitir o noso desexo de que as súas traxectorias sigan sendo frutíferas no académico e tamén no persoal. A ledicia que supón que os nosos alumnos e alumnas vaian conseguindo os seus obxectivos académicos e que en moitos casos o fagan con brillantez, se une a pequena tristeza da despedida. Toda a comunidade educativa do IES Ponteceso quere o mellor para o voso futuro como así o intentou para o voso presente. A enfiar os novos retos e que esa aventura sexa próspera, completa e feliz.

Unha aperta a todos e a todas.

fotobac2

Inmersión Lingüística. Viaxar e aprender.

Alumnos e alumnas do noso Centro que foron elexidos na convocatoria deste vran para os viaxes ao estranxeiro no programa de inmersión lingüística. Noraboa aos elexidos.
 

VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

 O mércores 18 visitamos os tres museus científicos da Coruña. Os cursos de 1º de ESO e os de 3º e 4º de PDC pasamos unha xornada enteira na Coruña. Comezamos no acuario Finisterrae onde poidemos observar a fauna mariña das nosas costas e doutros lugares do mundo. 
 peixe escorpion
 Logo fomos a Domus a aprender sobre o noso corpo, a todas as escalas. Na foto unha representacion dun xene de ADN a escala macroscópica por riba das nosas cabezas. 
 xene adn
 Tamén vimos unha película en 3D sobre os dinosaurios. Algunha escena fixo dar algún chimpo a algún. 
 icine en 3d na domus
 Logo iriamos xantar ao parque de Santa Margarita, desfrutando dun día soleado e por último visitar a Casa da Ciencias e unha relaxante proxección no Planetario. Ciencia intensiva e de maneira divertida.
Distribuir contido