IES EDUARDO PONDAL

Alumnos

COLABORACIÓNS PARA A REVISTA DO INSTITUTO

Como todos os anos, estamos preparando a publicación da revista do instituto. Necesitamos colaboracións, así que os que esteades interesados en participar podedes entregarnos todo tipo de traballos: recomendacións de libros, música, cine; debuxos e caricaturas; contos e poemas de creación propia; artigos de opinión. Pretendemos incluír unha sección de lendas recollidas por vós na nosa comarca. Xa sabedes, contos sobre a estadea, meigas, mouras, vilas asolagadas, etc. O prazo para entregar as  colaboracións remata o 24 de maio. E o xoves 8  temos unha reunión no recreo, no departamento de castelán. Animádevos a participar!

CERTAME DE LITERATURA DO IES DE PONTECESO

Este ano convócase por primeira vez un certame de literatura no instituto. As modalidades nas que podedes participar son: relato curto, poesía, mini relato e haiku. O prazo de presentación de traballos amplíase ata o 14 de Maio. Os interesados poden consultar as bases na páxina principal de normalización ou premendo aquí

LINGUA DE AMOR

O concurso Lingua de amor consiste na elaboración dunha mensaxe que conteña unha declaración de amor en lingua galega. As declaracións de amor que participen deberán redactarse, xunto cos datos persoais dos concursantes, no formulario que atoparedes no Web http://www.linguadeamor.eu/.

Mochilas viaxeiras

mochilas viaxiras

No IES Ponteceso estamos facendo un esforzo para mellorar a biblioteca e convertila nun lugar atractivo de traballo e tamén de lecer. Temos xa un fermoso espazo e imos mellorando os nosos fondos pouco a pouco.

Coincidindo co DÍA DO LIBRO (23 abril) unímonos ao programa "mochilas viaxeiras" de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA para achegarvos parte da nosa biblioteca á casa. Esperamos que disfrutedes con este material e que vos animedes a visitarnos.

Gustaríanos que as familias ás que cheguen as mochilas, nos désedes a vosa opinión sobre este proxecto, e tamén sobre o material que seleccionamos na libretiña que vai na mochila.

Un saúdo desde a biblioteca.

I PREMIO DE CREACIÓN LITERARIA DO IES DE PONTECESO

 

 

Acábase de convocar o I Certame Literario do IES de Ponteceso. As bases do premio e as modalidades da convocatoria podes consultalas aquí.  

 

Distribuir contido