IES EDUARDO PONDAL

Alumnos

CONVOCATORIA DE VACANTES PARA O ALUMNADO DE 2º CURSO DE FORMACIÓN PROFESIONAL (CICLOS MEDIOS) PARA PARTICIPAR NO PROXECTO ERASMUS + KA 102 DO 2019 TITULADO “SAFE@WORK”

 

A COMISIÓN AVALIADORA DO PROXECTO, FORMADA POR: 

- A Directora, Mª Teresa Varela Abelenda 

- A Vicedirectora, Patricia Iglesias Pereira.

- O Xefe de Estudos de Adultos, Andrés López Fontán.

- O Colaborador nos Proxectos Erasmus Plus, Emiliano Rivero Fuentes 

- A Coordinadora do Proxecto, Mónica González Sánchez 

Realiza a presente convocatoria para informar sobre as características da mobilidade que se oferta e o proceso de selección do alumnado de 2º curso de Formación Profesional do IES Eduardo Pondal, Ponteceso para facer a FCT nunha empresa ou institución europea. 

TIPO DE MOBILIDADE: 

Período de formación (FCT) nunha empresa ou institución europea. 

REQUISITOS: 

1º - Estar matriculado no IES Eduardo Pondal, Ponteceso, en 2º Curso de FP (Ciclos Medios). 

2º - Ter todos os módulos aprobados no momento en que presenten a sua candidatura. 

3º - Ter 17 anos cumpridos na data na que se desenvolva o proxecto. 

4º - Comprometerse á participación en charlas informativas ou presentacións de futuros proxectos para á difusión da experiencia vivida, tanto dentro como fora do centro.  

5º - Conceder a cesión dos seus datos e imaxe persoal para a difusión da participación no proxecto Erasmus.

6º - Presentar a solicitude en tempo e forma.  

CRITERIOS DE SELECCIÓN:  

1º - Informe do Equipo Docente, onde se valorará a actitude e a madurez do alumnado durante o curso: 50%. 

2º - Valoración do Cuestionario da Solicitude presentada polo alumnado: 30% 

3º- Asistencia a clase: o alumando que teña todas as faltas xustificadas acadará o 20% neste apartado. O alumando que teña entre 5 e 10 faltas sen xustificar acadará o 10%. O alumnado que teña hasta 15 faltas sen xustificar acadará o 5%.  

No caso de empate, terá prioridade o alumnado que teña a nota media máis alta no primeiro curso. 

COMENZO E DURACIÓN DAS MOBILIDADES:  

A mobilidade farase entre marzo e xuño de 2019 e a súa duración  será de dez días naturais, incluídos os días da viaxe. 

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:   

O prazo para presentar a solicitude é de dúas semanas, contando a partir da data de publicación desta convocatoria. O formulario para a solicitude recollerase e poderase entregar á titora ou en Dirección. 

RESOLUCIÓN E PUBLICACIÓN DA SELECCIÓN:  

A Comisión Avaliadora realizará a selección dúas semanas despois do remate do prazo de inscipción e publicará a resolución na páxina web e no Aula Virtual do centro e no blog do proxecto, https://erasmusplus-ponteceso.blogspot.com.es/  

MODELO SOLICITUDE

Visita as instalacións de Reganosa

Visita a REGANOSA 

O 16 de xaneiro, 35 alumnos de 1º e 2º do ciclo medio de electromecánica e de 1º e 2º daFPB de mantemento de vehículos acompañados de tres profesores, visitaron as inatalacións de REGANOSA en Mugardos.

 

Visita ás instalación do CIQUS e CACTUS

Visita ao CIQUS USC

O 29 de novembro, 11 alumnos de 2ºA de bacharelato acompañados de dous profesores, visitaron as instalacións de CIQUS e do CACTUS da Univesrsidade de Santiago de Compostela

Os responsables do CIQUS e do CACTUS fixéronnos un percorrido polas instalacións da universidade, explicándonos as distintas investigacións que se estan a realizar.

O Instituto  agradece ao CIQUS e ao CACTUS a nosa acollida nas súas instalacións.

 

Visita ás instalacións de Navantia en Ferrol

O pasado 29 de novembro, 41 alumnos de 1ºA e 2ºA de bacharelato e 1º de Ciclo Medio de Electromecánica acompañados de tres profesores visitaron as instalacións de Navantia en Ferrol.

Os responsables de Navantia explicaronnos o funcionamiento dos laboratorios de ensaios de materias, onde nos fixeron unha pequena demostración do traballo que ali realizan. E posteriormente amosáronnos o proceso de fabricación das turbinas e xeradores eléctricos.

Dende o instituto queremos agradecer a Navantia a recepción e visita nas súas instalacións.

Tamén queremos agradecer ao Concello de Ponteceso a súa colaboración que fixo posible esta visita.

Visita as instalación de PullAndBerd

Visita ás instalacións de Pull And Bear

Visita as instalación de PullAndBerd

O venres 29 de novembro, 40 alumnos de 1ºB e 2ºB de bacharelato acompañados de dous profesores e da orientadora laboral do noso concello , visitaron as instalacións de Pull&Bear en Narón.

De máns dos responsables de Pull&Bear fixemos un percorrido polos distintos departamentos de loxística e oficinas desta empresa.

Dende o instituto queremos agradecer a Pull&Bear a acollida nas súas instalacións.

Tamén queremos agradecer ao Concello de Ponteceso a súa colaboración que fixo posible esta visita.

Distribuir contido