Portada
Febreiro 2024
Avisos |
Actividades |
Queres acceder á #FPGalega de grao medio e non contas co título necesario? Xa podes inscribirte nas probas de acceso que se celebrarán o 23 de maio! Prazo aberto ata o 8 de marzo |
|
Actividades | Actividades |
As nosas pedagogas terapéuticas nas Xornadas de Atención á Diversidade
Achegas das investigacións en orientación, protocolo educativo para a prevención e tratamento do acoso e ciberacoso e neurociencia e educación nas dificultades de aprendizaxe serán temas claves desta formación.
|
8M
Invitamos a toda a comunidade educativa a pasar polo corredor principal de entrada do instituto para gozar das fotografías e agradecemos a participación a todas as alumnas e profesoras.
|
Curso de dano cerebral no instituto de Ponteceso
O IES Eduardo Pondal de Ponteceso acollerá un curso sobre «Alimentación, nutrición e deglución. Abordaxe no dano cerebral adquirido». Será na biblioteca, de 9.30 a 14.00 horas. Estará impartido por logopedas e terapeutas ocupacionales de Fegadace en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns. |
Día de Rosalía(23 de febreiro) O pasado venres celebramos na biblioteca do instituto o primeiro Venres musical deste ano, que nesta ocasión coindiciu coa homenaxe a Rosalía de Castro. Así de ben o fixeron os nosos alumnos e alumnas. Parabéns a eles e moitas grazas a todo o público asistente!! Enlace ao blog Artellandonabiblio
|
DÍA DE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO)
|
36 xeracións de rapaces cos nomes cambiados lembran con cariño a nosa eterna conserxe que hoxe entra na idade dourada. Parabéns |
In O martes 20 de febreiro o alumnado de 4ºESO de Expresión Artística, realizou un obradoiro na empresa Lar de Corcubión, para aprender a traballar a técnica do mosaico, que aplicará nun mural sobre 'Os traballos da muller na época da emigración' nesta avaliación |
Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído). |
Avisos |
Actividades |
Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído). |
O luns 19 de febreiro os alumnos de 2ºESO e parte do alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitaron o centro histórico de Santiago para analizar os diferentes estilos arquitectónicos empregados entorno á catedral e no Convento de Santa Clara. |
Actividades | Actividades |
O pasado día 9 de febreiro, tras o tradicional Mandadiño da semana, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebrou o Entroido cun desfile de comparsas coa Literatura como fío condutor. |
A "Chandeloria" no pombal
O pasado día 2 de febreiro, no IES Eduardo Pondal celebramos A “Chandeloria”, a doble versión dunha tradición compartida por galegos (A Candeloria) e franceses (La Chandeleur). Así, amorosas pombas e ricas crêpes acabaron mesturándose nunha xornada que, con sorte, deixará atrás o morriñoso inverno. Velaquí a reportaxe gráfica.
|
Xaneiro 2024
Actividades | Actividades |
Semana Branca 2024 Maniotas, risas e unha semana inesquecible
|
O pasado día 19 de xaneiro, tres alumnos/as de 1º de Bacharelado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, Marcos Señorís, Manuel Lema e Paula Lista, acompañados da súa profesora de matemáticas Manuela Ures Andrade, participaron na fase galega da LX Olimpíada Matemática Española 2024 |
O pasado mércores día 11 de xaneiro, os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO, asistiron a unha conferencia na Casa da Cultura de Corcubión, sobre os oficios da muller nos tempos da emigración, temática que desenvolverán coa súa participación nun concurso de murais que promove a empresa Lar con sede en Corcubión. |
O martes día 16 de xaneiro, os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO, realizaron un taller no Forno do Forte en Buño, onde coñeceron as propiedades do barro e puideron realizar diferentes composicións ademais de coñecer a forma de vida nos oleiros no s.XIX.
|
|
Xa temos carné xove!
|
O IES Eduardo Pondal galardonado co segundo premio ConVivimos
A consellería de Cultura, Educación, FP e universidades acaba de resolver a primeira edición do Premio ConVivimos que ten por obxectivo recoñecer o bo traballo e compromiso dos centros escolares a prol da convivencia e o benestar. Cunha participación de máis de cincuenta centros de toda Galicia das distintas etapas, o IES Eduardo Pondal obtivo o segundo premio na categoría de institutos cunha dotación de 2.500€ e recoñecemento de boas prácticas. Máis información: |
Activamos o Carné Xove Mañá xoves 11 de xaneiro, de 10:30 a 13:30, estará no noso centro o punto de Información Xuvenil itinerante da Consellería de Política Social e Xuventude. |
Boas festas
Desexámosvos unha boas festas e que o ano 2024 veña cargado de ilusións, saúde e novos proxectos.
Decembro 2023
Actividades | Actividades |
|
O MERCADO DE NADAL EN IMAXES Gran xornada no IES Eduardo Pondal para dar a benvida ao Nadal. Grazas a todos e todas por participar e facer dese 21 de decembro unha xornada especial. Aquí vos quedan unhas fotos para o recordo. Boas festas familia pondaliana! |
Ao Departamento- de Lóva do Teatro Real gustoulle moito a nosa idea de facer en 3D, no espazo educativo Polos Creativos, uns pequenos remos para vender no Mercado de Nadal do noso Instituto. O remo como símbolo do Lóva e da nosa compañía de ópera Area constelación, xuntos como estrelas formando unha constelación, pero que tamén se pensan caóticos como grans de area. |
O IES EDUARDO PONDAL CELEBRA O SEU PRIMEIRO MERCADO DE NADAL
O xoves 21 de decembro, o IES Eduardo Pondal abrirá as súas portas ao público entre as 11:00 e as 13:30 para aqueles que queiran participar no seu primeiro Mercado de Nadal. Nel haberá diversos postos: produtos do comercio xusto da asociación Solidariedade Internacional de Galiza, doces de Casal & Cotón, libros e obxectos de segunda man, accesorios elaborados polos participantes do Proxecto LÓVA, un posto de envoltorio ecolóxico de agasallos e un punto de recollida de alimentos e produtos hixiénicos en colaboración coa iniciativa Cesto solidario (dispoñible xa no instituto).
Paralelamente, haberá partidos de volley, fútbol e brilé, un obradoiro de tarxetas pop-up e elfos, un photocall, ambientación musical e o sorteo dunha cesta de Nadal.
Animámosvos a todos/as a vir coñecer o noso centro e participar na iniciativa.