IES EDUARDO PONDAL

Actividades

Erasmus+ de Educación Escolar co alumnado do centro Friedrich-List-Gymnasium de Asperg.

Vémonos o curso que vén

 

En Laxe remata a visita


 

 

Comida de despedida en Laxe

Vistas dende o tellado da Catedral de Santiago

No Obradoiro

 

Visitamos o astaleiro de ribeira de Cabana de Bergantiños

 Baixando a ruta dos muíños

En clase que non todo vai ser pasear

 O castro de Borneiro

 

Na asociación o Fieital

Bailando na asociación do Couto

 

No dolmen de Dombate

Presentación no instituto


 

Taller de grafiti filosófico

Na pasada semana cultural, o curso de 4º, na materia de filosofía, xogou cos conceptos da retórica aristotélica: Pathos, o aspecto emocional do diálogo, da comunicación, a emoción do outro; o Logos, o aspecto racional do discurso, a nosa capacidade para aplicar a lóxica e explicarnos correctamente; pero o concepto finalmente escollido foi o Ethos.

 

O Ethos é o contido ético ou moral da nosa comunicación, do diálogo cos demais, e é o que quixeron expresar cun mural realizado baixo a técnica e o estilo do grafiti. Ademais, na materia démoslle unhas voltas aos conceptos de cultura, subcultura e contracultura, e Lidia enfocou o seu traballo precisamente nas posibilidades do grafiti, o cal inspirou a actividade. Primeira proba superada, esperamos no futuro continuar con esta idea. Nove alumnos, sobradamente preparados para empuñar un bote de spray, confabulando Pathos, Logos e Ethos en menos de dúas horas de traballo.

Breogán, Ashley, Lidia, Alexandru, Aroa, Claudia, Icía, Daniela y Andrea.

Accésit para o alumnado do Proxecto Competencial. Departamento de Latín

O alumnado da materia "Deseño e redacción dun traballo universitario", do Proxecto Competencial de 2º de Bacharelato impartida polo Departamento de Latín, obtiveron un accésit no "Premio Otero Pedrayo para estudantes de secundaria e bacharelato". Na hora semanal da materia realizaron un traballo sobre a novela O mesón dos ermos, de Otero. Analizaron a violencia e o conflito, especialmente o bandoleirismo e o tráfico negreiro. A Fundación Otero Pedrayo envioulles un diploma e uns agasallos relacionados coa vida e obra de don Ramón. Parabéns por teren aproveitado tan ben o tempo desta materia! 

Saída didáctica do Departamento de Latín

O alumnado de Latín e Grego realizou unha saída didáctica aos concellos de Vimianzo e Zas, para coñecer algunhas pegadas da Historia, especialmente da presenza romana na Costa da Morte. Comezaron polo castro das Barreiras, preto de Vimianzo. En Brandomil, xa no concello de Zas, coñeceron as escavacións arqueolóxicas de época romana, o castro, a calzada antiga, a igrexa e o Pozo Limidoiro, talvez resultado da explotación aurífera romana. A carón do guerreiro castrexo da área recreativa, recitáronse un par de poemas de Pondal nos que aparece a personaxe do guerreiro Brandomil. De volta ao centro, pararon no dolmen Pedra da Lebre, na parroquia de Serramo, e remataron no adro e igrexa de Santa Baita de Tines, vinculados a achados de época tardorromana e medieval, como o sartegos. 

Distribuir contido