IES EDUARDO PONDAL

Actividades

San Valentín


Convócase, no IES Ponteceso, o primeiro

Concurso de Cartas de Amor.

Demostra as túas habilidades sedutoras por escrito. Haberá impresionantes premios.

Para participar deberás presentar unha carta redactada a dobre espazo, con letra tamaño 12 e dunha extensión máxima dunha carilla.

Lembra que tes que firmar con pseudónimo (non vale o nome dun compañeiro de clase como pseudónimo, botádelle imaxinación)

As cartas deben depositarse no fermoso Buzón Corazón que estará á túa disposición na biblioteca.

A data límite para entregar as cartas será o día 10 de febreiro, Martes.

E estamos aquí para quedarnos.

Os lectores é o que temos, non paramos de reunirnos porque nos gusta falar das nosas cousas. Queremos ir ao cine, ao teatro e á Lúa se nos deixan.

Xa o xoves que vén, 29 de xaneiro, os membros do Club de Lectura do Segundo Ciclo da ESO están citados no recreo fronte ao noso marabilloso encerado dixital.

Os do Club de Bacharelato e Outros van esperar unha semana máis para citarse, o día 5 de febreiro na biblioteca, para que os máis lentos rematen coa lectura.

Pero os primeiros en reunirse van ser os do Club de 1º Ciclo que xa quedaron o luns 26 para comer no instituto. Así van ter tempo para xogar co JClic e ver unha exposición de fotografías que fixo Bea, a profe de Visual, nos Campamentos de Refuxiados Saharauis. Como son boa xente invitaron a Bea para que lles conte a súa experiencia alo.

E os demais, que facedes cos vosos recreos?

 

 

ESTE XOVES 20 CELEBRAMOS O MAGOSTO.

magosto  
Este xoves, 20 de Novembro, despois do recreo celebramos o magosto. Ademais das castañas asadas participamos en xogos de pericia e coñecementos que deron varios gañadores, felicitacións a todos e todas e en particular aos gañadores que se levaron premios. Tamén houbo o tradicional concurso de postres de outono feitos con castaña. Despois veu a degustación da que poidemos disfrutar todos.  

EXCURSIÓN A ANCARES (departamento de Ciencias)

   

 

O sábado e domingo días 15 e 16 de Novembro.

Sair pola  maña cediño (ás 9:00 hai que coller o autobús en Corme ou 15 minutos despois en Ponteceso) e nos diriximos cara a o noso primeiro destino, a aldea de Piornedo no interior da serra de Ancares, non sin antes parar en Becerrea para avituallarnos e estirar un pouco as pernas. 
En Piornedo é o xantar e na sobremesa podemos contemplar as pallozas.
Dende alí facemos unha ruta sen moita dificultade cara o Mustallar. Á volta imos cara o albergue de Degrada, cea, e o día seguinte un roteiro polas zonas boscosas máis espectaculares de Ancares.     

 bosque ancares

Co tempo que tivemos estes últimos días seguramente atopemos neve no camiño ao Mustallar.

O domingo a ruta vai cara o pico dos tres bispos e logo volvemos atravesando unha fraga.  

 neve no mustallar
 grupo

Mochilas viaxeiras

mochilas viaxiras

No IES Ponteceso estamos facendo un esforzo para mellorar a biblioteca e convertila nun lugar atractivo de traballo e tamén de lecer. Temos xa un fermoso espazo e imos mellorando os nosos fondos pouco a pouco.

Coincidindo co DÍA DO LIBRO (23 abril) unímonos ao programa "mochilas viaxeiras" de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA para achegarvos parte da nosa biblioteca á casa. Esperamos que disfrutedes con este material e que vos animedes a visitarnos.

Gustaríanos que as familias ás que cheguen as mochilas, nos désedes a vosa opinión sobre este proxecto, e tamén sobre o material que seleccionamos na libretiña que vai na mochila.

Un saúdo desde a biblioteca.

Distribuir contido