IES EDUARDO PONDAL

Eso 2º Ciclo

El Baile de Irène Némirovsky

 

Esta será a nosa próxima lectura do club: EL BAILE de Iréne Némirovsky.


Trátase dunha pequena novela na que se retrata unha familia de novos ricos, Os Kampf, cuxo único obxectivo na vida é seren aceptados pola sociedade burguesa do París dos anos 20 e todo iso a costa das relacións familiares coa filla da parella. Un sorprendente relato escrito pola brillante e cultísima  novelista de orixe ucraína Irène Némirovsky quen , se cadra,  viviu nas súas propias carnes situacións similares. A biografía da escritora tamén daría para unha boa película pola súa andaina persoal e por que a súa morte, coma nunha traxedia grega, tivo lugar na cámara de gas do campo de exterminio nazi de Auschwitz.

 

 


Glogster de "Ollos de auga"

Pequeno traballo elaborado polo club trala lectura de Ollos de Auga de Domingo Villar

A ver se vos gusta. 

Clicade na foto para velo.


Reunión Club de Lctura

Presentámosvos aquí as fotos dunha das reunións informais que este grupo realiza na biblioteca cada 15 días. Estamos a ler Ollos de Auga de Domingo Villar.

Reunión do Club de Lectura on PhotoPeach

EL SEÑOR DE LAS MOSCAS

Puxemos aquí un par de actividades baseadas no libro que acabamos de ler, son moi sinxelas pero paga a pena facelas para reflexionar sobre o que limos.

Non sei que pensaredes agora, pero non está nada claro que estea ben vivir sen normas,

non si?

ACTIVIDADES

EL SEÑOR DE LAS MOSCAS

Excelente libro do Premio Nobel William Golding que nos achega unha especie de fábula moral sobre a condición humana na que se nos expón, dunha forma moi amena, a teoría de que unha educación excesivamente represiva e dura pode causar que as persoas cometan tolerías cando non teñen quen lles controle.

¿Imaxinádevos nunha illa deserta sen pais, profesores ou calquera outra persoa maior que teña conta de vós?

Se cadra os rapaces de 4º de ESO que xa leron o libro deron coa resposta.

 
Distribuir contido