IES EDUARDO PONDAL

Eso 1º Ciclo

VISITA DO POETA PACO SOUTO

 

O pasado 15 de maio veunos dar unha especie de visita un poeta e dramaturgo galego chamado Paco Souto.        

    Paco é un poeta malpicán que realizou con nós unha pequena actividade porque os nenos e nenas do Club de Lectura “Os esquíos lectores”, de 1º e 2º de ESO, lemos un dos seus libros de poesía, As horas de María, que gañou o premio de poesía Jhan Carballeira. Nel os poemas inspíranse nunha campesiña de finais do século XIX e metade do XX, que é unha idealización das súas dúas avoas e do seu mundo. Conta as emocións e frustracións dunha muller en diversas situacións: a chegada de novos inventos como a lavadora e a trelevisión, as vivencias e rutinas como traballadora da terra... e mais os seus problemas persoais.

            Máis tarde recitou algúns dos seus poemas preferidos, entre os que escollemos o preferido da maioría dos esquíos lectores, incluída a profesoa Gelines.de que nos comentara varios aspectos do libro, respondeu ás nosas preguntsa. Para el a poesía “non se pode tomar ao pé da letra” e  a linguaxe poética “posúe outros significados que non son os da lingua coloquial”.

 

CARTA ÚLTIMA

 

Querido Manuel
dous puntos
mándoche esta
para que saibas que estamos ben
os rapaces medran como liño
e cando te queres dar de conta
xa é tempo de mazalo
a besta vai parideira
e non deixa andar de a cabalo
A Roxa e a Morita están secas
dúas crías trouxo a Linda
e claro
non xuntamos un cuartillo
Polo demais
todo ben

O Andresiño
vai aprender de zapateiro á Coruña
quintas e sextas
pola noite
á escola que di o tolo de Froxel
cas Lola

A nena
é un caravel que me sae do peito
e non se me quita de diante
vou ao río alá vén ela
estro as cortes alá está ela
chamo ao gando
e nin podo coller herba
con mamá calquera a deixa!
agora mesmo
non para de andarme entre as letras
e a ti
como che vai a guerra?
 

 

 

Xuntanza dos Esquíos Lectores co libro "Asmir no quiere pistolas"

     Deixamos aquí e no noso blog da biblioteca "Biblioaponte" a reportaxe gráfica sobre a actividade que fixemos o luns 4 de abril para traballar e recapacitar un pouquiño sobre a triste realidade que lle toca vivir ó protagonista do libro que limos "Asmir no quiere pistolas", un rapaz que vive a traxedia da guerra de Bosnia dende o punto de vista dos refuxiados. Cóntanos como é a súa viaxe ata Viena, os medos  e as alegrías que ten, a morriña pola súa terra e sobre todo, a lembranza polo seu pai, que non puido viaxar con eles. Un libro moi recomendable, fermoso e triste á vez.

     A xuntanza consistiu nun picnic, que tomamos ó aire libre no coidado céspede do noso instituto. Tivemos moita sorte co día, porque estivo moi asollado. Cando rematamos de xantar e reposar un pouquiño, fomos directamente á nosa biblioteca a traballar e realizar un pequeno resumo  dos personaxes e a viaxe, que fixemos entre todos. Quedou reflectido nun mural que se pode ver  colgado na biblioteca.

Novo libro de lectura para o club dos Esquíos Lectores: ASMIR NO QUIERE PISTOLAS

 

   Asmir no quiere pistolas é o novo libro que estamos a ler os Esquíos Lectores, que xa temos a nosa próxima xuntaza no recreo do vindeiro luns 14.

   Como xa sabedes o 30 de Xaneiro celébrase coma todos os anos o DÍA DA PAZ, aínda que nós vivamos nunha sociedade cunha calidade de vida moi boa, non toda a xente ten esta sorte, e moit@s rapaces e rapazas coma vós viven a traxedia da guerra. Por exemplo,  o día 12 de Febreiro adícase Ó DÍA INTERNACIONAL CONTRA A UTILIZACIÓN DOS NENOS SOLDADO, porque en moitos países os rapaces e rapazas non teñen a oportunidade de medrar xogando e aprendendo... senón que, desgraciadamente, son obrigados a coller un arma e matar.

 

   A historia que nos conta o protagonista do novo libro que estamos a ler, Asmir, un neno de sete anos, trata tamén dunha guerra, a guerra de Bosnia, e a viaxe que emprende con case toda a súa familia fuxindo como refuxiados da súa casa de Saraxevo por varias cidades.  Este libro achegaranos á triste realidade do que significa ser un refuxiado e o sen sentido das guerras.

OS ESQUÍOS LECTORES!

 

     Os integrantes do Club de lectura do 1º ciclo da ESO xa pensaron no nome do  club: OS ESQUÍOS LECTORES... e ademais dous deles, Paula Blanco López e Diego Pérez Couto, fixeron un debuxo como icona do club.

     Por outra banda, xa rematamos o primeiro libro, que eliximos para ler: Rudi Fuciños, o cocho de carreiras

     Ós nosos lectores, en xeral, gustoulles pero estaban todos moi de acordo en que non terían un porquiño como mascota!

 

 

 

 

VAICHE BOA!

3/6/2010
 
    Deixámovos unhas actividades sobre o libro que estivemos lendo... a ver canto lembrades...
 
    Atrevédesvos a facelas...
 
    Facede un click na portada do libro que está a continuación...

Distribuir contido