IES EDUARDO PONDAL

Actividades

Entoroido 2021 (con máscara si ou si)

Estamos a ultimar os preparativos do noso ENTROIDO 2021.

Tendo en conta as medidas de seguridade COVID que a continuación lembraremos (para o alumnado), queremos propoñervos o seguinte: 

Por medio dos alumnos de 4º ESO propúxosenos que do 8 de febreiro ao 11, realícense catro días de manifestacións creativas para chegar ao venres 12 disfrazados. 

As normas básicas para o alumnado durante esa semana que vén serán as seguintes:O asunto consiste en que cada día da semana debemos cumprir o marcado por ese día, por exemplo: día 8 " Queremos xente seria " ,vir cun detalle serio como unha garavata ou vestido/a de traxe chaqueta. 

NON SE PODEN EMPREGAR OS SERVIZOS PARA VESTIRSE, DESVESTIRSE OU MAQUILLARSE.

SEGUIRANSE EMPREGANDO AS NORMAS DE VENTILACIÓN, HIXIENE E MÁSCARA.

LEMBRARLLES QUE NON É UNHA CELEBRACIÓN SE NON UNHA MANIFESTACIÓN DO ENTROIDO DESDE A PRECAUCIÓN.

Mosaico do poeta Eduardo Pondal --Plan de Formación de Convivencia--

Invitación a todo o profesorado e alumando que está ou estivo no IES Eduardo Pondal de Ponteceso

Durante o curso 2019/20 o IES Eduardo Pondal está a  participar  no Plan de Formación de Convivencia e por iso estamos levando a cabo diferentes actividades. Unha das propostas que queremos levar a cabo para fomentar a relación entre o alumnado, profesorado e resto de integrantes da comunidade educativa é realizar un mosaico do noso poeta Eduardo Pondal. Porén, non é un mosaico tradicional, consistiría na formación dun mosaico tamaño xigante con fotos de todo o alumnado e comunidade educativa (semellante ao mosaico que hai da Gioconda na Domus de A Coruña). Nun primeiro momento pensamos en empregar as fotos do alumnado do curso actual pero máis tarde cavilamos que podíamos usar fotos de todos os alumnos e alumnas que pasaron polo noso centro (tamén profesorado e resto de comunidade educativa).
Por todo o anterior pedimos a todos e todas as que queiran colaborar con esta actividade que nos envíen unha foto (tamaño 1/1) de cando estiveron no instituto, indicándonos nome, apelidos e curso no que finalizaron os seus estudos. O correo electrónico ao que teñen que enviar estas fotos e datos é o seguinte: mosaicopondal@gmail.com
 
Manterémosvos informados de como avanza esta actividade que tanto nos ilusiona!

Presentación Proxecto CANSAT do IES EDUARDO PONDAL

Mañan martes 11 de febreiro vai ter lugar a presentación do proxecto que estamos a elaborar no IES EDUARDO PONDAL de Ponteceso.

Na mesma explicaremos o noso proxecto aos nosos empresarios e veciños.

Dita presentación terá lugar as 11:00 na sede da Fundación Eduardo Pondal.

Distribuir contido