IES EDUARDO PONDAL

Actividades

UN DÍA COMO INVESTIGADORES

Visita ao IGE 

O mércores 5 de febreiro, os alumnos de bacharelato do noso centro realizaron unha visita a tres centros de investigación científica en Santiago de Compostela.

No Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, observaron como verdadeiros científicos o traballo cooperativo e multidisciplinar dos investigadores nas enfermidades como o cancro, a obesidade, enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas.

No Insitituto Galego de Estatística, realizaron unha análisise de datos sobre os parámetros económicos do Concello de Ponteceso e da Comarca de Bergantiños. Tamén participaron nunha enquisa aprendendo a discriminar e interpretar os resultados, comprendendo a necesidade e utilidade da estatística, tanto en estudios sociais como económicos e na hora da toma de decisións.

Por último e breve foi a abraiante visita ao Centro de Supercomputación de Galicia, onde fixemos unha importante reflexión sobre o almacenamento de datos, o proceso de simulación nos modelos de predición climatolóxica e o consumo enerxético que supón que podamos ter ao alcance dun clic no noso móbil os vídeos e a música que desexemos.

Grazas por abrirnos as portas e a mente!

Visita a DOMUS e a CASA DAS CIENCIAS

Os alumnos de 1º ESO xunto cos compoñentes do clube de ciencias do noso IES visitaron as intalacións da DOMUS e a CASA DAS CIENCIAS na cidade da Coruña, o pasado venres 31 de xaneiro de 2020.

Na visita a DOMUS os alumnos interactuaron cos mais de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana. E na CASA DAS CIENCIAS poideron experimentar en diversos campos da física, así como ver o cielo estrelado e as constelacións no PLANETARIO.

 

Visita as instalacións de Reganosa

Visita a REGANOSA 

O 16 de xaneiro, 35 alumnos de 1º e 2º do ciclo medio de electromecánica e de 1º e 2º daFPB de mantemento de vehículos acompañados de tres profesores, visitaron as inatalacións de REGANOSA en Mugardos.

 

Acto de entrega de premios nadal 2020

Actividade premios nadal 2020

O 20 de decembro, fixéronse entrega dos premios do Nadal 2020 na biblioteca.

Un Bo Nadal a todos. Esperamosvos no próximo ano.

 

Visita a UNITOUR

Visita a UNITOUR 

O 18 de decembro, 43 alumnos de 1º e 2º de bacharelato acompañados de dous profesores, visitaron a feria UNITOUR en PALEXCO (A Coruña). Nesta instalacións poideron obter información sobre a diferente oferta educativa que se ofrece dende o ámbito universitario en España.

 

Distribuir contido