IES EDUARDO PONDAL

Alumnos

Pre-matrícula no Ies Eduardo Pondal para o curso 2021/22

Dende o 31  de maio ao 11 de xuño, ábrese o prazo para facer a prematrícula neste centro.

Este ano o alumnado do IES Eduardo Pondal disporá dun acceso a prematrícula a través do aula virtual cos usuarios e claves da mesma.

Pre-Matricularse en 2º ESO 

Pre-Matricularse en 3º ESO

Pre-Matricularse en 4º ESO

Pre-Matricularse en 1º BACHARELATO

Pre-Matricularse en 2º BACHARELATO

A matícula para CICLOS abrirase unha vez remate a avaliación ordinaria de xuño, e se poderá acceder a traves da web www.edu.xunta.gal/fp

 

Presentación Proxecto CANSAT do IES EDUARDO PONDAL

Mañan martes 11 de febreiro vai ter lugar a presentación do proxecto que estamos a elaborar no IES EDUARDO PONDAL de Ponteceso.

Na mesma explicaremos o noso proxecto aos nosos empresarios e veciños.

Dita presentación terá lugar as 11:00 na sede da Fundación Eduardo Pondal.

UN DÍA COMO INVESTIGADORES

Visita ao IGE 

O mércores 5 de febreiro, os alumnos de bacharelato do noso centro realizaron unha visita a tres centros de investigación científica en Santiago de Compostela.

No Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, observaron como verdadeiros científicos o traballo cooperativo e multidisciplinar dos investigadores nas enfermidades como o cancro, a obesidade, enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas.

No Insitituto Galego de Estatística, realizaron unha análisise de datos sobre os parámetros económicos do Concello de Ponteceso e da Comarca de Bergantiños. Tamén participaron nunha enquisa aprendendo a discriminar e interpretar os resultados, comprendendo a necesidade e utilidade da estatística, tanto en estudios sociais como económicos e na hora da toma de decisións.

Por último e breve foi a abraiante visita ao Centro de Supercomputación de Galicia, onde fixemos unha importante reflexión sobre o almacenamento de datos, o proceso de simulación nos modelos de predición climatolóxica e o consumo enerxético que supón que podamos ter ao alcance dun clic no noso móbil os vídeos e a música que desexemos.

Grazas por abrirnos as portas e a mente!

Visita a DOMUS e a CASA DAS CIENCIAS

Os alumnos de 1º ESO xunto cos compoñentes do clube de ciencias do noso IES visitaron as intalacións da DOMUS e a CASA DAS CIENCIAS na cidade da Coruña, o pasado venres 31 de xaneiro de 2020.

Na visita a DOMUS os alumnos interactuaron cos mais de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana. E na CASA DAS CIENCIAS poideron experimentar en diversos campos da física, así como ver o cielo estrelado e as constelacións no PLANETARIO.

 
Distribuir contido