IES EDUARDO PONDAL

Graduación da promoción 21 / 23

O pasado venres 19 de maio celebrouse o acto de graduación da nosa fenomenal promoción de estudantes 21 /23. Foi unha tarde chea de emocións e esperanza de cara ao futuro. A celebración foi recollida nos medios e podedes ler a reportaxe completa que fixeron en La voz de Galicia no seguinte enlace.

Enlace á noticia.

 

Luana Sueiro e Icía Velasco premiadas no Concurso de Contos de primavera.

Na sexta edición do certame Contos de Primavera, promovido por La Voz de Carballo co patrocinio da multinacional Calvo, foron premiadas as nosas alumnas Luana Sueiro e Icía Velasco co 1º e 4º premio respectivamente.

Felicidades as dúas polo seu  traballo e talento a hora de elaborar os seus magníficos relatos.

 

 

Link á noticia "La voz de Carballo"

 

FORMACIÓN DO ALUMNADO EN CÍRCULOS DE DIÁLOGO

O vindeiro martes 25 de abril, de 15:00 a 17:00 horas, o equipo de convivencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso CREANDO PONTES, organiza unha sesión de formación teórica e práctica para o alumnado interesado en aprender a facilitar círculos de diálogo.

Os círculos son unha ferramenta moi útil para desenvolver competencias comunicativas e competencias socioemocionais, entre outras, ademais de ser de gran utilidade para a mellora da convivencia e a resolución pacífica de conflitos.

Aquelas familias que autoricen os seus fillos a participar nesta formación deberán entregar a seguinte autorización asinada no departamento de orientación (aula de apoio), ou facernos chegar unha copia da mesma a través co correo convivenciaponteceso@gmail.com. Para calquera das dúas opcións a entrega non poderá exceder das 12:00 horas do luns 24 de abril.

Os alumnos que participen na actividade formativa quedarán a comer no instituto acompañados polo profesorado de convivencia. As familias encargaranse da recollida, ás 17:00 horas, na porta principal do instituto.

Calquera dúbida ou aclaración poden facérnola chegar a través da conta de correo indicada.

AUTORIZACIÓN

Viaxe a Francia. 1º Bach.

Un ano máis, o alumnado de Francés de 1° de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso viaxou a Francia para coñecer  a vila de Burdeos e os seus arredores. Ademais de visitar diversos espazos culturais da capital xirondina, realizaron unha excursión a Arcachón e á súa famosa Duna de Pilat.

Canguro matemático

O pasado xoves celebrouse no salón de actos o canguro matemático. Nel participaron 34 alumnos do noso centro.

Distribuir contido