IES EDUARDO PONDAL

Semana Cultural: Obradoiro de gordofobia.

Como todos estes anos anteriores, no instituto celebrouse a semana cultural, que consiste nunhas xornadas nas que se ofrece a todo o estudantado unha oferta diverxente respecto ao desenvolvemento normal das clases lectivas, e na cal proporcionamos unha experiencia didáctica innovadora e flexible que enriquece o desenvolvemento e crecemento persoal de todo o alumnado. Aquí ofrecemos unha pequena mostra de algúns dos cursos que tivemos o pracer de gozar no centro entre os días 11 e 14 de abril.

O alumnado tivo ocasión de desfrutar de obradoiros coma o seguinte.

Obradoiro de gordofobia.

O obxectivo principal da charla foi a deconstrución dos prexuízos que hai entorno ás corporalidades gordas e o achegamento ao concepto de ‘autoamor radical’. Preténdese que os alumnos e alumnas teñan as ferramentas para cambiar o seu discurso cara a eles mesmos e cara aos demais, xa que vivimos nunha sociedade bombardeada por uns canons de beleza non alcanzables para a maioría da poboación, e iso pasa factura en todos os ámbitos vitais.

 

Semana cultural: En directo desde Ponte na onda

Como todos estes anos anteriores, no instituto celebrouse a semana cultural, que consiste nunhas xornadas nas que se ofrece a todo o estudantado unha oferta diverxente respecto ao desenvolvemento normal das clases lectivas, e na cal proporcionamos unha experiencia didáctica innovadora e flexible que enriquece o desenvolvemento e crecemento persoal de todo o alumnado. Aquí ofrecemos unha pequena mostra de algúns dos cursos que tivemos o pracer de gozar no centro entre os días 11 e 14 de abril

O alumnado tivo ocasión de desfrutar de obradoiros coma o seguinte

En directo desde Ponte na onda.

Un programa de radio que se  desenvolveu no salón de actos, onde os xornalistas de Radio Nordés emitiron o seu programa “Vivindo a Costa da morte”  e no que participaron os alumnos do instituto e outros membros da comunidade educativa que se ofreceron a falar publicamente na radio.

Día das letras galegas

Como cada curso, o noso centro quixo festexar o día da nosa lingua; da poesía en galego. Este ano dende a Bilioteca decidimos adicar unha das nosas árbores a escritores ou creadores da contorna e que seguiremos a realizar cada curso. 

Nesta ocasión as árbores escollidas foron a cerdeira e o bidueiro para Diana Varela Puñal e Miguel Mato Fondo.

 

A poesía como vía de comunicación literaria. 16 de maio, 2023, 13.00 horas. Ponteceso.

A poesía ten que ver coa música, a beleza e a filosofía, tres factores que sobrevoan sempre na miña maneira de vivir.

É tamén unha forma de comunicación polo que, ademáis de para conectar ritmo, pensamento e estética, sirve para expresarnos.

Cantautores de todas as épocas -tamén o rap de hoxendía, o hip hop, ou rock- empregaron a poesía como unha maneira de transmitir ideas, sentimentos ou a realidade socio-política, como é o caso da chamada “canción denuncia” ou a poesía social.

Porque a poesía é sempre revolucionaria, por iso as ditaduras de todas as épocas teiman en silenciar aos poetas, porque a palabra poética combate cunhas armas indispoñibles: como se desafía unha metáfora? Como se loita contra un soneto? Como se ataca un leixaprén?

A poesía é a revolución da ternura, a denuncia que abre as fiestras para que entre o aire limpo, a evidencia de que a rosa ule a rosa e o lixo cheira a lixo. A constatación de que unha cerdeira é a representación arbórea do verán, e que os seus froitos tinxen os labios co seu doce sabor, como cada primeiro beixo.

Iso é poesía. Pura humanidade.

 

Neste enlace podedes ver a entrada no blog da biblioteca.

Graduación da promoción 21 / 23

O pasado venres 19 de maio celebrouse o acto de graduación da nosa fenomenal promoción de estudantes 21 /23. Foi unha tarde chea de emocións e esperanza de cara ao futuro. A celebración foi recollida nos medios e podedes ler a reportaxe completa que fixeron en La voz de Galicia no seguinte enlace.

Enlace á noticia.

 

Luana Sueiro e Icía Velasco premiadas no Concurso de Contos de primavera.

Na sexta edición do certame Contos de Primavera, promovido por La Voz de Carballo co patrocinio da multinacional Calvo, foron premiadas as nosas alumnas Luana Sueiro e Icía Velasco co 1º e 4º premio respectivamente.

Felicidades as dúas polo seu  traballo e talento a hora de elaborar os seus magníficos relatos.

 

 

Link á noticia "La voz de Carballo"

 

Distribuir contido