Portada

encher paxina principal do espazo

Información:

Para calquera trámite URXENTE no mes de Agosto, contacten chamando ao teléfono 881880913 en horario de 10:00 a 13:00.

Ou no correo electrónico: ies.eduardo.pondal.ponteceso@edu.xunta.gal indicando os seus datos persoais, teléfono de contacto e motivo da consulta.

( categories: )

Información para a comunidade educativa:

Dende o Luns 16 de marzo o centro permanecerá pechado debido o cerre establecido polo goberno.

Se queren contactar con nós poderán facelo:

Chamando ao número de telefono 881880924

A traves do noso correo electrónico: ies.eduardo.pondal.ponteceso@edu.xunta.es

 

indicando no  asunto: CONSULTA

Exemplo:

 

( categories: )

INFORMACIÓ DE INTERESE PARA AS FAMILIAS: PROCEDEMENTOS PARA OS 14 DÍAS DE SUSPENSIÓN

Aviso de dirección.

1.  Consultar esta web con certa frecuencia para estar informados das novas que vaian xurdindo.

2. O profesorado está elaborando material didáctico necesario para que o alumnado poida seguir o curso dende a súa casa.

A forma de relación entre o profesorado e alumnado se publicará nesta páxina, a partir do martes 17 de marzo.

3. Os exames aprazanse ata que se xestione unha nova data.

4. Calquera dúbida, ou suxestión ou información que precisen farase por medios telemáticos (correo web, aula virtual,...)

( categories: )

Novas instrucións en relación co COVID-19

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

2. PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO

2.1. Establécese as seguintes previsións en relación coa presenza do persoal que se indican a continuación:

a) Educación infantil e primaria

-Centros de menos de 6 unidades

A titorización e a atención do alumnado realizarase cos medios non presenciais, telemáticos,  telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc)

-Restantes centros

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía. Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

b) Resto de ensinanzas

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía.

Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

c) Educación especial con servizo de residencia

Deberá existir o persoal suficiente docente, coidador e de cociña para garantir os coidados básicos do alumnado asistente.

d) Agás nos centros de educación especial con residencia, para o persoal de cociña, limpeza e persoal coidador aplicaranse as previsións do convenio colectivo para os períodos de inactividade.

e) O restante persoal de apoio e reforzo educativo non asistirá ao centro educativo

2.2. Criterios para a priorización da presenza do persoal nos centros.

De conformidade coas previsións do Acordo do Consello da Xunta de Galicia teñen preferencia para a obtención de permisos de conciliación o profesorado que teña ao seu coidado menores de 18 anos, maiores discapacitados e persoas maiores dependentes.

Para os casos nos que ambos os proxenitores teñan a condición de empregados públicos, a medida aplicarase a un deles (coa excepción de que un deles teña a condición de persoal sanitario).

2.3 No relativo ás ferramentas informáticas dispoñibles, e sen menoscabo das propias, remitirase aos centros educativos unha comunicación na que se indicarán as que están a disposición e o seu procedemento de uso.

 

3. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO

3.1 O centro disporá das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar.

3.2 Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, establecerá un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

3.3 Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.

3.4 Prestarase unha especial atención á titorización do alumnado de 2º de bacharelato.

 

4 OUTRAS MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL

4.1 Suspéndese todo tipo de actividade extraescolar

4.2 Suspéndese o servizo de cafetería nos centros de ensino secundario

4.3 Utilizarase como medio de comunicación prioritario coas direccións dos centros educativos o portal da dirección e o correo electrónico.

4.4 As direccións dos centros educativos divulgarán entre o persoal do centro as presentes instrucións e comunicaranas a todas as familias que as soliciten.

 

5. VIXENCIA DESTAS INSTRUCIÓNS

As presentes instrucións teñen carácter provisional, polo que poden ser modificadas en atención á evolución da pandemia.

A comunicación de calquera modificación das presentes instrucións realizarase coa maior inmediatez a través do portal da dirección.

 

( categories: )

INFORMACIÓN CORONAVIRUS: OS CENTROS EDUCATIVOS PERMANECERÁN CERRADOS A PARTIRES DO DÍA 16 DE MARZO

Dende o lúns día 16 de marzo todos os centros educativos permanecerán cerrados en todos os niveis educativos durante 14 días.

Mañana venres, os centros permanecerán abertos acollendo ao alumnado que asista aos mesmos.

( categories: )
Distribuir contido