IES EDUARDO PONDAL

Marzo 2023

  Actividades
 
Avisos  Avisos

O próximo venres 5 de abril visitará o noso centro o Dr Ángel Carracedo

A partir das doce da mañá o salón de actos acollerá un café científico cun protagonismo especial para o noso invitado. 

O acto estará aberto ao público previa reserva de praza no seguinte correo electrónico:

clubcienciainformatica@gmail.com

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MEC 24/25

O martes 19 de marzo abre o prazo para solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Máis información 

Actividades Actividades

Visita do noso alumnado ao Parque eólico experimental Sotavento

O pasado luns 4 de marzo unha representación de alumnos e alumnas do noso centro achegáronse a Xermade a 10 km de As Pontes en Lugo a visitar esta empresa punteira no campo da investigación do aproveitamento da enerxía do vento.

Máis información

 Ponte na Onda conmemora o 8M

O equipo de radio Ponte na Onda celebra o día da muller con este conto dramatizado que esperamos que vos guste!!



Pincha aquí

Avisos

Avisos
Por fin temos Acreditación Erasmus!

Despois de moito traballo por parte do equipo de internacionalización do IES Eduardo Pondal e en especial da súa coordinadora, Silvia Candia, o noso centro vén de conseguir a Acreditación Erasmus en Educación Escolar (KA-120 SCH) para mobilidades do alumnado da ESO e do Bacharelato ata o 2027.

Máis información

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

O alumnado que este curso estea a cursar 4º de ESO e 2º de Bacharelato poderá acreditar as súas competencias dixitais.

Máis información

 

 

Avisos

Actividades

Queres acceder á #FPGalega de grao medio e non contas co título necesario?

Xa podes inscribirte nas probas de acceso que se celebrarán o 23 de maio! Prazo aberto ata o 8 de marzo 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42461

8M


Con motivo da celebración do Día da Muller, o próximo venres 8 de marzo, será inaugurada durante o recreo a exposición fotográfica "Mulleres (re)creadas" que conta coa participación das alumnas e profesoras do instituto, as cales, escolleron a unha figura feminina relevante e a partir de aí, tomaron unha fotografía caracterizándose como dita muller. 

Invitamos a toda a comunidade educativa a pasar polo corredor principal de entrada do instituto para gozar das fotografías e agradecemos a participación a todas as alumnas e profesoras.