IES EDUARDO PONDAL

Abril 2024

Actividades  Actividades

Saída á praia co Club de Ciencias

O noso alumnado de 1º de ESO e algún de 3º participa un ano máis na actividade proposta pola Asociación Ambiental Chelonia. 

Máis información

Erasmus + de Educación Escolar

Visita dos alumnos do centro Friedrich-List-Gymnasium de Asperg

Máis información

 

 

Departindo con Carmen Rivas sobre virus

Achegounos o mundo dos virus e as súas aplicacións.

Máis información

 

 

Accésit para o alumnado do Proxecto Competencial. Departamento de Latín

O alumnado da materia "Deseño e redacción dun traballo universitario", do Proxecto Competencial de 2º de Bacharelato impartida polo Departamento de Latín, obtiveron un accésit no "Premio Otero Pedrayo para estudantes de secundaria e bacharelato". 

Máis información

Dous alumnos do Instituto Eduardo Pondal en Italia

Dous alumnos do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso están en Italia para realizar prácticas nunha asociación de persoas con autismo.

Ler máis

Calendario de exames de 2º Bacharelato

 

 

Abrir en visor

 

Saída didáctica do Departamento de Latín

 

O alumnado de Latín e Grego realizou unha saída didáctica aos concellos de Vimianzo e Zas, para coñecer algunhas pegadas da Historia, especialmente da presenza romana na Costa da Morte.

Seguir lendo

 Calendario de exames de 2º Bacharelato

 

Abrir en visor

 

 

María Bazar Verdes iniciará hoy mismo sus prácticas en el templo gastronómico Culler de Pau, en O Grove. «Javi Olleros é un referente, sempre foi un sitio que me gustou, e do que querería formar parte unha tempada», explica.Seguir lendo

 Obradoiro da SXGQ 

O pasado luns 15 de abril tivemos a visita dos rapaces da Sociedade Xuvenil Galega de Química para realizar un obradoiro.

Máis información

 

PONDALIANOS POLO MUNDO, EDICIÓN BÉLXICA

 

Como vén sendo habitual dende hai uns anos, o alumnado de Francés de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso realizou unha viaxe de inmersión lingüística a Bélxica, organizada polas profesoras dese Departamento. Durante cinco días, os rapaces visitaron as vilas de Bruxas, Gante e Bruxelas. (Fotos)

Seguir lendo

Na prensa

O luns 15 de abril ,alumnado que participa nos clubs de lectura e no programa de voluntariado da biblioteca realizou un roteiro literario e cultural pola cidade da Coruña. A visita guiada pola Torre de Hércules permitiunos coñecer a súa historia e observar as impresionantes vistas dende o máis alto do monumento

Seguir lendo

GAÑADOR DO GRAND PRIX 2024 

 

 

Co fin de reunir cartos para a viaxe de inmersión lingüística a Bélxica de 1º de Bacharelato, o departamento de Francés do noso instituto organizou a tómbola Grand Prix. O afortunado gañador da cesta de produtos franceses foi Jesús Bermúdez Varela, que apostou polo número 79, terminación do cuponazo do venres día 5 de abril: o 30979. Parabéns Jesús!

 Orgullosos dos nosos

Esta pasada semana tivo lugar a competición Spain Skills, a olimpiada nacional de Formación Profesional con representación do Instituto.

Orgullosos da nosa campiona María Bazar, exalumna do centro, e da cuarta praza de Borja Martínez.

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

NOTA INFORMATIVA DO 26  DE MARZO DE 2024

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Enlace ao listado

 XXII Semana Cultural

Seguindo a tradición, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso estrea o mes de abril celebrando a súa XXII Semana Cultural. Entre o 2 e o 5 deste mes, alumnado e profesorado aparcarán momentaneamente o currículo oficial para abrirse a novas experiencias que completen o seu desenvolvemento académico e persoal: origami, lettering, zumba, baile tradicional, xincanas, escape room, economía circular, sombreirería artesanal, obradoiros de arxila, de arqueoloxía, robótica, graffiti, cociña francesa, cociña texturizada…