IES EDUARDO PONDAL

Febreiro 2024

Avisos

Actividades 

Queres acceder á #FPGalega de grao medio e non contas co título necesario?

Xa podes inscribirte nas probas de acceso que se celebrarán o 23 de maio! Prazo aberto ata o 8 de marzo 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42461

 

Actividades Actividades

As nosas pedagogas terapéuticas nas Xornadas de Atención á Diversidade

Achegas das investigacións en orientación, protocolo educativo para a prevención e tratamento do acoso e ciberacoso e neurociencia e educación nas dificultades de aprendizaxe serán temas claves desta formación.

 

8M


Con motivo da celebración do Día da Muller, o próximo venres 8 de marzo, será inaugurada durante o recreo a exposición fotográfica "Mulleres (re)creadas" que conta coa participación das alumnas e profesoras do instituto, as cales, escolleron a unha figura feminina relevante e a partir de aí, tomaron unha fotografía caracterizándose como dita muller. 

Invitamos a toda a comunidade educativa a pasar polo corredor principal de entrada do instituto para gozar das fotografías e agradecemos a participación a todas as alumnas e profesoras. 

 

Curso de dano cerebral no instituto de Ponteceso

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso acollerá un curso sobre «Alimentación, nutrición e deglución. Abordaxe no dano cerebral adquirido». Será na biblioteca, de 9.30 a 14.00 horas. Estará impartido por logopedas e terapeutas ocupacionales de Fegadace en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Máis información

Día de Rosalía(23 de febreiro)

 O pasado venres celebramos na biblioteca do instituto o primeiro Venres musical deste ano, que nesta ocasión coindiciu coa homenaxe a Rosalía de Castro.

Así de ben o fixeron os nosos alumnos e alumnas. Parabéns a eles e moitas grazas a todo o público asistente!!

Enlace ao blog Artellandonabiblio

 

 

 DÍA DE ROSALÍA

(23 DE FEBREIRO)


Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, a biblioteca do centro xunto co alumnado vai festexar esta data cun RECITAL POéTICO E MUSICAL, que terá lugar durante o recreo na propia biblioteca. O programa do acto será o seguinte:

  Presentación a cargo do alumnado de /Ponte na onda. Radio/.
  De seguido, Uxía Blanco de 2º ESO A interpretará as pezas musicais /Rosalía pequeniña/ e /No bico un cantar/.
  Posteriormente, o alumnado de Oratoria de 3º ESO lerá os seguintes poemas da autora: "Hei cantar", "O Xan" e "Eu cantar cantei".
  Para  finalizar, Lucía Sande de 4º ESO interpretará a capela o poema "Negra sombra"

 

36 xeracións de rapaces cos nomes cambiados lembran con cariño a nosa eterna conserxe que hoxe entra na idade dourada.

Parabéns

 

 

In

O martes 20 de febreiro o alumnado de 4ºESO de Expresión Artística, realizou un obradoiro na empresa Lar de Corcubión, para aprender a traballar a técnica do mosaico, que aplicará nun mural sobre 'Os traballos da muller na época da emigración' nesta avaliación

Máis

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Información completa

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Avisos

Actividades

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Información completa

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

O luns 19 de febreiro os alumnos de 2ºESO e parte do alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitaron o centro histórico de Santiago para analizar os diferentes estilos arquitectónicos empregados entorno á catedral e no Convento de Santa Clara.

Máis información

Actividades Actividades

O pasado día 9 de febreiro, tras o tradicional Mandadiño da semana, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebrou o Entroido cun desfile de comparsas coa Literatura como fío condutor. 

Ler máis

 A "Chandeloria" no pombal

 

 

 

O pasado día 2 de febreiro, no IES Eduardo Pondal celebramos A “Chandeloria”, a doble versión dunha tradición compartida por galegos (A Candeloria) e franceses (La Chandeleur). Así, amorosas pombas e ricas crêpes acabaron mesturándose nunha xornada que, con sorte, deixará atrás o morriñoso inverno. Velaquí a reportaxe gráfica.

 

Xaneiro 2024

Actividades  Actividades

 

Semana Branca 2024

Maniotas, risas e unha semana inesquecible

 

Ler máis 

 

 

O pasado día 19 de xaneiro, tres alumnos/as de 1º de Bacharelado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, Marcos Señorís, Manuel Lema e Paula Lista, acompañados da súa profesora de matemáticas Manuela Ures Andrade, participaron na fase galega da LX Olimpíada Matemática Española 2024

Máis información

Na prensa

O pasado mércores día 11 de xaneiro, os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO, asistiron a unha conferencia na Casa da Cultura de Corcubión, sobre os oficios da muller nos tempos da emigración, temática que desenvolverán coa súa participación nun concurso de murais que promove a empresa Lar con sede en Corcubión. 

 

 

O martes día 16 de xaneiro, os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO, realizaron un taller no Forno do Forte en Buño, onde coñeceron as propiedades do barro e puideron realizar diferentes composicións ademais de coñecer a forma de vida nos oleiros no s.XIX.

Máis información

 

Xa temos carné xove!

 


O noso alumnado xa pode presumir de ter o seu Carné Xove. Na mañá do xoves 11 recibimos a
visita de Fernando Rodríguez, da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, para impartir un
obradoiro sobre información e programas para a xuventude ao alumnado de 3o ESO PDC, no
marco do Plan Proxecta “Correspondentes Xuvenís”.

Máis información

O IES Eduardo Pondal galardonado co segundo premio ConVivimos

A consellería de Cultura, Educación, FP e universidades acaba de resolver a primeira edición do Premio ConVivimos que ten por obxectivo recoñecer o bo traballo e compromiso dos centros escolares a prol da convivencia e o benestar.

Cunha participación de máis de cincuenta centros de toda Galicia das distintas etapas, o IES Eduardo Pondal obtivo o segundo premio na categoría de institutos cunha dotación de 2.500€ e recoñecemento de boas prácticas.

Máis información:

 Noticia en prensa, enlace, enlace

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42013

Activamos o Carné Xove

Mañá xoves 11 de xaneiro, de 10:30 a 13:30, estará no noso centro o punto de Información Xuvenil itinerante da Consellería de Política Social e Xuventude.
Nel darase innformación sobre programas, recursos e axudas en materia de información xuvenil.
Ademais, quen así o desexe, poderá activar o Carné Xove de xeito gratuíto, para o que se precisará DNI para o alumnado de 14 anos ou maiores, e para os menores traer cumprimentado o formulario que se adxunta

Descargar formulario 

Boas festas

Desexámosvos unha boas festas e que o ano 2024 veña cargado de ilusións, saúde e novos proxectos.

Decembro 2023

 Actividades   Actividades

 

O MERCADO DE NADAL EN IMAXES

Gran xornada no IES Eduardo Pondal para dar a benvida ao Nadal. Grazas a todos e todas por participar e facer dese 21 de decembro unha xornada especial. Aquí vos quedan unhas fotos para o recordo. Boas festas familia pondaliana!

 

Ao Departamento- de Lóva do Teatro Real gustoulle moito a nosa idea de facer en 3D, no espazo educativo Polos Creativos, uns pequenos remos para vender no Mercado de Nadal do noso Instituto. O remo como símbolo do Lóva e da nosa compañía de ópera Area constelación, xuntos como estrelas formando unha constelación, pero que tamén se pensan caóticos como grans de area.

Enlace

O IES EDUARDO PONDAL CELEBRA O SEU PRIMEIRO MERCADO DE NADAL

O xoves 21 de decembro, o IES Eduardo Pondal abrirá as súas portas ao público entre as 11:00  e as 13:30 para aqueles que queiran participar no seu primeiro Mercado de Nadal. Nel haberá diversos postos: produtos do comercio xusto da asociación Solidariedade Internacional de Galiza, doces de Casal & Cotón, libros e obxectos de segunda man, accesorios elaborados polos participantes do Proxecto LÓVA, un posto de envoltorio ecolóxico de agasallos e un punto de recollida de alimentos e produtos hixiénicos en colaboración coa iniciativa Cesto solidario (dispoñible xa no instituto).

 

Paralelamente, haberá partidos de volley, fútbol e brilé, un obradoiro de tarxetas pop-up e elfos, un photocall, ambientación musical e o sorteo dunha cesta de Nadal.

 

Animámosvos a todos/as a vir coñecer o noso centro e participar na iniciativa.

Distribuir contido