Quen son eu?

Enviado por juliogonzalez o Dom, 06/10/2013 - 18:54

Todos temos unha imaxe de nós mesmos, aínda que ás veces non pensamos nela... O que tes que facer agora é unha redacción que responda á pregunta que é o título desta actividade:


Quen son eu?


Nela debes describirte fisicamente, falar da túa procedencia, pero tamén tes que falar do teu carácter, do teu temperamento,... Por que cres que eres asi? Que cres que fixo ou fai que ti sexas como es? Cres que esa imaxe que ti tes de ti mesmo coincide coa que teñen os outros de ti? Como cres que te ven os demais? Por que cres que os demais te ven desa maneira?


Unha vez rematada, envíaa por correo electrónico ao teu profesor.


Veña, a traballar!