Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Atención a alumnos/asLuns, de 12:10 a 13:00 Iniciar sesión |
blogue dejuliogonzalezQuen son eu?Enviado por juliogonzalez o Dom, 06/10/2013 - 17:54
Todos temos unha imaxe de nós mesmos, aínda que ás veces non pensamos nela... O que tes que facer agora é unha redacción que responda á pregunta que é o título desta actividade: Quen son eu? Nela debes describirte fisicamente, falar da túa procedencia, pero tamén tes que falar do teu carácter, do teu temperamento,... Por que cres que eres asi? Que cres que fixo ou fai que ti sexas como es? Cres que esa imaxe que ti tes de ti mesmo coincide coa que teñen os outros de ti? Como cres que te ven os demais? Por que cres que os demais te ven desa maneira? Unha vez rematada, envíaa por correo electrónico ao teu profesor. Veña, a traballar! EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA E OS DD. HH. - 2º de E.S.O.Enviado por juliogonzalez o Dom, 06/10/2013 - 17:47
ARISTÓTELESEnviado por juliogonzalez o Lun, 14/11/2011 - 05:47
Ademáis, vos quedan aquí uns videos en clave de humor, pero que no fondo ilustran ben as diferencias de talante entre Platón e o seu discípulo Aristóteles
PLATÓN. Apuntes e material de apoio.Enviado por juliogonzalez o Mar, 18/10/2011 - 11:47
A Orixe da Filosofía (Apuntes) Os sofistas e Sócrates (Apuntes)
Platón (Present. PowerPoint) Platón web
View more presentations from nonchosei.
Resumo Platón (Present. PowerPoint) View more presentations from nonchosei.
O MITO DA CAVERNA - MATRIX
ACTIVIDADES SOBRE KANTEnviado por juliogonzalez o Mar, 26/04/2011 - 06:40
Para rematar este curso, teredes que facer a actividade sobre Kant que aquí se vos propón. É moi sinxelo. Simplemente se trata de responder a un test sobre a filosofía kantiana. Nos links de abaixo veredes que hai dous tests, o Test 1 e o Test 2. Teredes que elexir un deles, o que queirades. NON É NECESARIO FACER OS DOUS, ESCOLLEDE UN NADA MÁIS.
Por suposto, necesitaredes información. En cada un dos test, na parte de abaixo, vos vai a referencia aos apuntes de Kant. Ademáis, vos deixo aquí abaixo eses links e algunha cousiña máis:
A presentación de Kant en cómic, tamén a continuación A ILUSTRACIÓNEnviado por juliogonzalez o Mér, 23/03/2011 - 05:02
Imos ilustrar o tema da Ilustración acudindo a un dos seus máis senlleiros representantes: Inmanuel Kant. Del, imos ler unha pequena obra que leva por título "Que é Ilustración?", sobre a que logo teremos que resolver un pequeno cuestionario, que inclúe unha "disertación". Aquí tedes os enlaces para descargar os materiais necesarios para resolver esta tarefa: Inmanuel KANT: Que é Ilustración? Normas para a elaboración dunha disertación Pero, antes, botade unha ollada a isto, o que vos dará unha idea moi xeral do que foi a Ilustración:
O EMPIRISMOEnviado por juliogonzalez o Mar, 22/03/2011 - 20:29
Estivemos estes días pasados presentando na clase os caracteres fundamentais do empirismo. Aquí vos deixo o comezo da película "Galileo Galilei", no que se debate sobre a autoridade da experiencia.
Podedes descargar: - a presentación en PowerPoint usada na clase; - a proposta de traballo, coa súa correspondente guía; - outra presentación de carácter moi xeral, pero interesante. Dispoñedes na barra lateral dereita dun apartado de Recursos, onde atoparedes diversas páxinas web que vos servirán de axuda para atopar información.
![]() |
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROXUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. Artigos recentes
Correo electrónico |