Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
EventosVenres Novembro 04, 2022
Start: 04/11/2022 13:12
O equipo docente do IES POETA DÍAZ CASTRO está inmerso nun proxecto de formación permanente. Para este curso, as iniciativas, xa comezadas son as que seguen:
As sesións de formación, que se realizan durante as tardes dos mércores, comezaron, xa, este pasado día 2 de novembro e están programadas ata marzo do 2023. Start: 04/11/2022 13:23
A Consellería de Educación, a fins do pasado curso, convocou un proceso de selección de proxectos para a creación dun espazo de traballo por competencias e aberto á comunidade. A este programa, denominado POLOS CREATIVOS, accedimos centros de todas as etapas de Galicia. Dos presentados, foron seleccionados só 138 na primeira quenda e, deles, só 75 acceden ao programa. Nós ocupamos o posto número 37. Esta circunstancia fainos beneficiarios dunha dotación de materiais por valor duns 30.000 euros que xa están no centro, pendentes de instalación, e dunha pequena obra de adaptación de espazos que xa está aprobada pola Xefatura Territorial. Esta moi boa nova é algo que queremos compartir coa comunidade educativa á que, por suposto, estará aberto o centro, planificando actividades conxuntas que proxecten un servizo. Parabéns, polo tanto!
Xoves Novembro 17, 2022
Start: 17/11/2022 13:35
Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay
Por segundo ano consecutivo seguimos coa intención de celebrar un mercado solidario no que dar unha segunda vida a pertenzas que xa non nos resultan imprescindibles. Cremos que o Nadal é un momento óptimo para aprender a elixir un regalo diferente, menos custoso pero non por iso con menor valor... Imos combinar unha e outra idea e, durante este mes de novembro, recolleremos aquelas cousiñas (en bo uso) que desexedes, cos vosos fillos e fillas, ceder para este fin. Aquí revisaremos que están en condicións de ser integradas no mercado e porémolas á disposición do alumnado o día 9 de decembro. Como en ocasións anteriores, a entrega de cada artigo trocarase por un vale co que poder participar no mercado, e os excedentes serán doados aos servizos sociais. Por favor, participade, imos revolucionar a nosa idea de consumo e reutilizar roupa, libros, complementos, xoguetes, aparellos... Somos comunidade!
![]() |
Eventos |