Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Outubro 18, 2022

 

 

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a resolución do 5 de outubro de concesión da ampliación da axuda para adquirir material escolar, na que se establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25.

As familias beneficiarias poden recoller o vale de 25€ na secretaría do centro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

 

 

 

 

Luns Outubro 24, 2022

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do IES.

   

    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

-      O Director ou directora do Centro.

-      Un profesor ou profesora.

-      Un pai ou nai ou titor legal.

-      Un alumno ou alumna.

-      Un representante do persoal de administración e servizos.

 

    Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro de 2022, ás 11:00 horas na Sala de Profesorado.

 

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Venres Novembro 04, 2022
Start: 04/11/2022 13:12

O equipo docente do IES POETA DÍAZ CASTRO está inmerso nun proxecto de formación permanente. Para este curso, as iniciativas, xa comezadas son as que seguen:

  • Actividades con mobilidade Erasmus+, ata o fin de 2022, en diferentes países europeos.
  • Actividades de iniciativa persoal, ao abeiro do Plan de Formación da Consellería de Educación (CAFI e CFR)
  • Actividades de formación permanente en centro, aprobado polo CFR de Lugo, a través dun PFPP con varias liñas:
    • Implementación do Plan Dixital, con formación en creación de contidos para radio e tv escolar, a cargo de Cristina de la Torre.
    • Implementación dos Polos Creativos, con formación en apropiación da contorna con fins educativos, a cargo de Cristina de la Torre.
    • Estratexias de aula para a mellora da convivencia e do benestar emocional, con tres subliñas:
      • Creación de espazos inclusivos educativos, a cargo de Gey Lagar
      • Adopción de estratexias para a xestión de aula, a cargo de Yolanda Fernández
      • Estratexias para a creación de contidos curriculares para diferentes niveis dentro da aula, a cargo de Gey Lagar.

As sesións de formación, que se realizan durante as tardes dos mércores, comezaron, xa, este pasado día 2 de novembro e están programadas ata marzo do 2023.

Start: 04/11/2022 13:23


A Consellería de Educación, a fins do pasado curso, convocou un proceso de selección de proxectos para a creación dun espazo de traballo por competencias e aberto á comunidade. A este programa, denominado POLOS CREATIVOS, accedimos centros de todas as etapas de Galicia. Dos presentados, foron seleccionados só 138 na primeira quenda e, deles, só 75 acceden ao programa. Nós ocupamos o posto número 37.

Esta circunstancia fainos beneficiarios dunha dotación de materiais por valor duns 30.000 euros que xa están no centro, pendentes de instalación, e dunha pequena obra de adaptación de espazos que xa está aprobada pola Xefatura Territorial.

Esta moi boa nova é algo que queremos compartir coa comunidade educativa á que, por suposto, estará aberto o centro, planificando actividades conxuntas que proxecten un servizo.

Parabéns, polo tanto!

 

 

 

Xoves Novembro 17, 2022
Start: 17/11/2022 13:35

Solidario

 

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay 

 

Por segundo ano consecutivo seguimos coa intención de celebrar un mercado solidario no que dar unha segunda vida a pertenzas que xa non nos resultan imprescindibles.

Cremos que o Nadal é un momento óptimo para aprender a elixir un regalo diferente, menos custoso pero non por iso con menor valor...

Imos combinar unha e outra idea e, durante este mes de novembro, recolleremos aquelas cousiñas (en bo uso) que desexedes, cos vosos fillos e fillas, ceder para este fin. Aquí revisaremos que están en condicións de ser integradas no mercado e porémolas á disposición do alumnado o día 9 de decembro.

Como en ocasións anteriores, a entrega de cada artigo trocarase por un vale co que poder participar no mercado, e os excedentes serán doados aos servizos sociais.

Por favor, participade, imos revolucionar a nosa idea de consumo e reutilizar roupa, libros, complementos, xoguetes, aparellos... Somos comunidade!

 

Distribuir contido