Skip to Content

Guía no medio natural e de tempo libre

INFORMACIÓN E CALENDARIO DE ADMISIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL. CURSO 2022/2023

INFORMACIÓN XERAL SOBRE ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2022-2023

http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral

 

CALENDARIO RESUMO

 

BUSCADOR DA OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL

PROBAS LIBRES TÍTULOS EXTINGUIDOS LOXSE



Resolución do 29 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Para o alumnado que cursou o CM de Actividades físico-deportivas no medio natural (LOXSE) e ten módulos pendentes de aprobar, segundo se establece na disposición 4ª 2, a segunda convocatoria de presentación de solicitudes de matrícula neses módulos abranguerá dende o 3 ao 13 de maio de 2022.

PROGRAMA ERASMUS+ NEXT STATION

Publicáronse o venres 18 de febreiro as actas provisionais de alumnado e profesorado seleccionado para participar no programa ERASMUS+ NEXT STATION ao que se se subscribiu o IES de Poio neste curso. 
 
Ábrese un prazo de reclamacións de 5 días naturais dende a publicación.

SOLICITUDE DO PROGRAMA PRÁCTICUM DEPO-ERASMUS+ E CRITERIOS DE BAREMACIÓN

No documento adxunto atópanse os criterios de baremación que se aplicarán nas solicitudes para participar no programa.

PRÁCTICUM DEPO-ERASMUS+

Desde o curso 2020-2021, o noso centro está participando no proxecto "Practicum Depo- Erasmus+"

Practicum Depo é un proxecto que se lle concedeu á Deputación de Pontevedra no programa Erasmus+, dentro da acción clave 1 "Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe" e, en concreto, para "Proxectos de mobilidade para beneficiarios/as de ensinanzas de FP".

Esencialmente, permite que tanto alumnado do ciclo como profesorado teñan a oportunidade de completar a súa formación en países da Unión Europea.

O obxectivo do proxecto é proporcionar ferramentas e favorecer estratexias que faciliten ao alumnado a inserción laboral noutros paises da UE, aumentar as oportunidades de formación no estranxeiro do alumnado de Formación Profesional, e proporcionarlle as habilidades necesarias para a súa transición do ámbito da educación e a formación ao mercado laboral.

Durante este ano a deputación acadou o acreditación de calidade para os seus proxectos futuros

Se queres máis información acerca de Erasmus+ pulsa aquí

A nosa 1º viaxeira foi María Lores, que elixiu Diverlanhoso en Portugal para completar a súa formación:

Convocatoria Erasmus+ 2021:  https://www.depo.gal/es/erasmus-2021

HORARIO DO CICLO MEDIO DE GUÍA NO MEDIO NATURAL E DE TEMPO LIBRE

No documento adxunto poden atopar o horario 2021/2022 do Ciclo Medio que se imparte no noso centro educativo.

A presentación do curso 2021/2022 realizarase ás 08.50h do mércores 15 de setembro na aula asignada ao grupo de 1º Ciclo Medio, situada na segunda planta do centro educativo (consultar planos).

INFORMACIÓN E CALENDARIO DE ADMISION DE FORMACIÓN PROFESIONAL. CURSO 2021/2022

O primeiro prazo de admisión en ciclos formativos está aberto dende o 25 de xuño e pechará o 5 de xullo ás 13h. A solicitude realízase dende https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/. Máis información en aquí.

Listaxes provisionais de solicitantes

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do luns 12 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 14 de xullo de 2021.

Listaxes definitivas de solicitantes

Publicación das listaxes definitivas de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut