Skip to Content

Guía no medio natural e de tempo libre

TÍTULOS EXTINGUIDOS LOXSE. CONVOCATORIA PROBAS LIBRES 2021-2022

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp/titulos-extinguidos-loxse

Resolución do 29 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

 

Realizaranse dúas convocatorias no curso académico 2021-2022, consonte o seguinte calendario:

a) A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

Establécense dous prazos de presentación de solicitudes, en función das convocatorias previstas:

a) Para a primeira convocatoria: do 15 ao 30 de xullo de 2021.

b) Para a segunda convocatoria: do 3 ao 13 de maio de 2022.

 

CALENDARIO DE PROBAS LIBRES

Nos documentos adxuntos pódese atopar o horario das probas libres do Ciclo Medio en Condución de actividades físico-deportivas no medio natural que se desenvolverán os días 1, 2 e 3 de setembro, así como os criterios de avaliación das mesmas.

OFERTA FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2021/2022: CMAFD02 GUÍA NO MEDIO NATURAL E DE TEMPO LIBRE

O luns día 7 de xuño, publicouse no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22 e a ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22.

Polo tanto, achégase a ligazón na que se pode consultar a oferta formativa: https://www.edu.xunta.es/fp/. No IES de Poio impartirase o Ciclo Medio de Guía no medio natural e de tempo libre (CMAFD02).

#FPGalicia

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA FCT OU FP DUAL

Publicada a Orde do 25 de maio de 2021 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Todos os documentos teñen que ser xerados a partir da aplicación informática só dispoñible para os centros educativos, polo que os anexos da orde só serven a efectos informativos.

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp/convocatoria-axudas-economicas-para-alumnado-que-realiza-fct-ou-fp-dual 

RUTA EN BICICLETA POR SAMIEIRA

O pasado mércores, o día que o alumnado do Ciclo Medio adoita saír a facer rutas en bicicleta, achegáronse aos muíños de Samieira e á praia de O Laño.

CHARLA DO PROGRAMA DE DIVULGACIÓN DE DOAZÓN E TRANSPLANTE

Esta semana desenvolvéronse dúas charlas a través de videoconferencia dentro do Programa de Divulgación de Doazón e Transplante, organizado pola Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

O alumnado de Bioloxía de 1º BACH así como o grupo do Ciclo Medio recibiron información por parte de persoal sanitario, profesionais da coordinación de transplantes e persoas que achegaron a súa experiencia vital como transplantadas.

O ALUMNADO DO CICLO PARTICIPA NO II CONGRESO IBÉRICO DE TURISMO DEPORTIVO

O alumnado do Ciclo Medio de condución de actividades físico-deportivas no medio natural participou de maneira telemática no II Congreso Ibérico de turismo deportivo celebrado en Ourense o 16 e 17 de decembro.

Puideron afondar nas sinerxías existentes entre os sistemas deportivo e turístico e coñecer que oportunidades e ideas conforman, tamén como ferramentas para promover o deporte e os hábitos de vida saudables.

BECAS E AXUDAS DO MECD PARA ALUMNADO DE BACH E CICLOS

13/09/2016 09:23
Europe/Madrid

Becas e axudas para alumnado de niveis postobrigatorios (Ciclos e Bacharelato). Non universitarios.

Tramitar no enlace http://www.mecd.gob.es/

Prazo ata o día 03/10/2016.

Requisitos académicos ter accedido no 1º curso , con unha media de 5.5.

Non se concede aoalumnado que repita cursa.

O alumnado de 2º curso, debe ter promocionando no Bacharelato cun máx de 1 materia pendente. No caso de ciclos cun máximo de módulos superados do 85% das horas totais do curso.

Mási información no Dpto. de orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut