blogue deadmin
Habemos de ir a Sevilla (viaxe fin de curso 4.ºESO)
Enviado por admin o Lun, 30/03/2020 - 20:36Hoxe estaba previsto o comezo da viaxe de fin de curso de 4.º ESO. Con traballo de venda de rifas e produtos no instituto; co esforzo económico familiar; co apoio do profesorado acompañante e, sobre todo, con moita ilusión organizaron unha excursión a Madrid e Sevilla. Todo iso quedou adiado o pasado venres 13 de marzo e seguinte declaración de estado de alarma. Foi aprazada sine data a viaxe, mais coa confianza en que desta pandemia sairemos unidos/as contra o virus. Agora máis que nunca, quedamos na casa.
Venda de produtos para a excursión 4.º ESO
Aviso ás familias no arquivo adxunto.
Física e Química (1.º Bacharelato)
Enviado por admin o Xov, 19/03/2020 - 14:15O Dpto de Física e Química do IES de Mugardos, durante o período determinado pola situación de alerta decretada polo gobernodebido ao virus COVID19 estableceu as seguintes canles de comunicación co alumnado implicado:
Física e Química (1.º bac)
Séguese a canle xa empregada durante o curso que foi o correo electrónico
|
+ | E habilitouse unha aula na aplicación google classroom no dominio iesmugardos.gal para ter máis ordenados os temas a tratar e sobre todo dispoñer dunha plataforma que permita a resolución de test de autoavaliación.
https://classroom.google.com/u/0/hS Se tes problema, consulta |
Classroom iesmugardos.gal
Enviado por admin o Xov, 19/03/2020 - 13:03O instituto ten unha conta G Suite para centros educativos. O noso dominio é iesmugardos.gal. Todo o alumnado posúe un enderezo de correo electrónico dentro desta conta. Entre outras funcións, permite o acceso á ferramenta CLASSROOM.
Moitas profesoras/es xa están a crear as súas clases virtuais. Para facilitarche o acceso, velaquí tes as instrucións e un vídeo titorial.
-
Instrucións
-
Titorial
Calquera dúbida ou porblema, consulta no correo ies.mugardos@edu.xunta.es
Actividades lectivas (2.º ESO)
Enviado por admin o Mar, 17/03/2020 - 21:502.º ESO
No período de suspensión das clases presenciais, as actividades lectivas continuarán
no Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxexto EDIXGAL.
Soporte Premium
Correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.es
Teléfono: 881 86 99 00
Actividades lectivas (1.º ESO)
Enviado por admin o Mar, 17/03/2020 - 21:31
1.º ESONo período de suspensión das clases presenciais, as actividades lectivas continuarán no Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxexto EDIXGAL. Soporte Premium |
Circular de centro (15 de marzo, 2020)
Enviado por admin o Lun, 16/03/2020 - 01:15
CIRCULAR DO CENTRO Estimadas familias: Como ben sabemos todos e todas, a actividade lectiva presencial estará suspendida nas próximas semanas. Pola nosa banda continuaremos cos actos e procedementos académicos que os medios informáticos nolo permitan.
En primeiro lugar, a avaliación e entrega de notas. Os docentes cualificarán cos intrumentos de avaliación empregados ao longo do trimestre, ata o 13 de marzo. No caso de que ese último día faltase algunha proba ou tarefa, esa parte da nota ficará pendente ata o regreso ás aulas. Do mesmo xeito, adíase a avaliación de materias pendentes de cursos anteriores.
As cualificacións publicaranse exclusivamente por vía informática na aplicación AbalarMóbiles o mércores, 18 de marzo. En canto ás actividades lectivas procederemos resumidamente así: 1.º e 2.º ESO atopará os libros dixitais e materiais didácticos na plataforma EDIXGAL. Para o resto dos niveis educativos atoparedes nesta mesma páxina as ligazóns á Aula Virtual, Classroom e outros medios ou blog empregados por cada profesor/a. Non dubidedes en realizar calquera consulta no correo Saúde. |
|
Publicado o 15 de marzo, ás 20:30 horas |
Na Feira de Orientación de Ferrolterra
Enviado por admin o Dom, 08/03/2020 - 22:09
Un ano máis, o noso IES Mugardos colaborando na información e asesoramento do alumnado da comarca.
Malas herbas de 1°curso e Arte floral de 2°curso trouxeron á mostra de Orientación de Ferrolterra:
-unha demostración de como deseñar bonsais
-prantiñas para agasallar (as que ademáis de alegrar a vista permiten facer control de plagas, e tomateiras)
-arranxos florais e,
-o obradoiro de kokedamas que tanto gusta.
Grazas Amelia, orientadora do Leixa, por invitarnos un ano máis!
DOCUMENTOS INFORMATIVOS (Curso 2019-2020)
Enviado por admin o Dom, 08/03/2020 - 21:55
Comunicación da folga estudantil prevista para o 6 de marzoEnviado por admin o Mar, 03/03/2020 - 22:16»
Celebración do Entroido-2020Enviado por admin o Dom, 01/03/2020 - 12:16O pasado venres celebramos o Entroido no centro cun festival, presentado por Helena Castiñeira e Carlota Vidal, no que participou todo o alumnado da ESO e parte do alumnado de Bacharelato.
Os gañadores, nas distintas categorías, foron:
FONTE: Lecturamos 3.º premio na VII Olimpíada Filosófica de Galicia (categoría de disertación)Enviado por admin o Sáb, 22/02/2020 - 22:08
A fase final tivo lugar o xoves, 20 de febreiro. Podemos ler o artigo de Sofía Cao "Todos podemos ser un heroe" na revista Filoxornal publicada o 21 de novembro, Día Internacional da Filosofía.
O pasado venres, 24 de xaneiro, as alumnas de bacharelato Iria Fernández, Yuxin Zheng, Marta Ibón, Sofía Cao e Esther Rodríguez acompañadas da profesora Ofelia Lubián asistiron á Olimpíada Galega de Filosofía. A súa participación este ano foi na modalidade de Disertación sobre " O camiño do mito ou o mito do camiño". As probas tiveron lugar na Faculade de Filosofía de Santiago de Compostela.
Charla de María José Masanet sobre mitos románticos e violencia de xéneroEnviado por admin o Xov, 20/02/2020 - 22:15 CHARLA:
MITOS ROMÁNTICOS, VIOLENCIA DE XÉNERO E ESTEREOTIPOS NAS SERIES PARA ADOLESCENTES
O día 18 tivemos con nós a Maria Jose Masanet para falarlles ao alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato sobre mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series televisivas para adolescentes.
María José Masanet é profesora e investigadora na Universidade de Barcelona, especialista en investigación mediática, adolescencia e xuventude, series de ficción, o xénero e a representación da sexualidade e a relación amorosa nos medios de comunicación. San Valentín na bibliotecaEnviado por admin o Sáb, 15/02/2020 - 12:46
O amor pode ir en moitas direccións. Moitos dos nosos alumnos amosaron o seu "amor" por algúns libros desta biblioteca neste "photocall" . A Biblioteca repartiu poemas de amor entre os alumnos, e estivo toda a semana adornada con motivos vinculados co amor: a rosa, a mazá e bombóns. Si vis pacem... (Día da Paz, 2020)Enviado por admin o Ven, 31/01/2020 - 11:21Co segundo programa de radio deste curso sumámonos á celebración do Día da non violencia e a Paz cunha selección de obras musicais de distintas épocas históricas que dalgún xeito remiten ás guerras, ás súas consecuencias e ao desexo de rematar cos conflitos que azotan á humanidade desde o seus inicios.
Para rematar este programa contamos cunha versión propia do canon "Dona nobis pacem" de Mozart nas voces de: Lola, Gabriel (2º ESO), Helen (1º Bach) e a profesora Olga Recio, co acompañamento do alumnado de Música de 1º Bach nas frautas.
Os traballos do alumnado quedaron recollidos nun enorme cartel no que as súas propostas completan e dan un novo sentido á prótese "si vis pacem" Mención de Honra Olimpíada Matemática Galega (OMG)Enviado por admin o Sáb, 18/01/2020 - 13:53Os representantes do IES de Mugardos, profesoras Covadonga Rodríguez-Moldes e María Calvo xunto a Un ano máis o departamento de Matemáticas acompañou aos estudantes de bacharelato á Olimpíada Matemática Galega (OMG). As nosas representantes foron Amparo Muíño, Alba Payo e Sara Rodríguez de 1.º BAC; e Álvaro Freire e Borja Souto de 2.º BAC. Parabéns para todos e en especial pola Mención de Honra acadada:
»
Comeza a segunda edición de PILABOTEnviado por admin o Lun, 13/01/2020 - 21:35
Cesta de NadalEnviado por admin o Lun, 23/12/2019 - 19:23En nome dos agraciados da súa familia, Juan P. recolleu a cesta de Nadal da rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO. O número premiado foi o 6590. Entrega da recollida de alimentos a CáritasEnviado por admin o Lun, 23/12/2019 - 19:09Grazas á xenerosa colaboración da comunidade educativa, este ano realizamos dúas entregas de alimentos non perecedeiros a Cáritas Parroquial de Mugardos. Grazas. Programa de radio: a viaxe dos Reis MagosEnviado por admin o Dom, 22/12/2019 - 00:35Os alumnos de Investigación (2º ESO), Latín (4º ESO) e Grego (1º Bach) fixeron un traballo no que recolleron información sobre a viaxe dos reis magos (non só a que fixeron de vivos, senon tamén a que fixeron os seus restos despois de mortos). E xa que este ano estamos de viaxe tamén repasamos unha das rutas máis importantes que existiron: a ruta do incenso.
Aínda que non temos unha radio escolar no centro este grupo de alumnos de 2º ESO e 1º Bach prepararon unha sesión radiofónica na que repasaron os seus traballos sobre viaxes: alumnos de 2º ESO (Investigación) e 1º Bach (Grego) falaron sobre a viaxe dos reis magos e a ruta do incenso, e alumnos de 1º Bach (Música) descubríronnos a "Viaxe de inverno" de F. Schubert.
Alumnado participante:
Arai Roibal, Daniel Cartelle, Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Yuxin Zheng, Sofía Cao (1º Bach), Lorena Pereira, Lola Vigo, Gabriel Vila (2º ESO) Concurso de ViaxeEnviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 14:01 A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado. Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A). Recollida de tapónsEnviado por admin o Ven, 20/12/2019 - 00:20
A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. O alumando de 1.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Como en ocasións anteriores a recadación irá destinada á campaña de Alba, la promesa. Desde aquí enviámoslles un afectuoso saúdo a Alba e a súa familia... xunto con algúns quiliños de tapóns cos nosos mellores desexos. »
Concurso de rap contra a violencia de xéneroEnviado por admin o Sáb, 14/12/2019 - 14:45Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero este día a Biblioteca e o EDL convocaron un concurso de rap. Os gañadores do concurso foron os alumnos de 3.º ESO Xabier Sánchez e Miguel Ángel Rincón (mención especial). Isto é para que escoites,
|