Skip to Content

Última hora

A estas alturas, 17 de setembro, podemos comunicar que toda a actividade lectiva no centro será presencial, tanto na ESO como en bacharelato 

Entrega de libros de Fondo de Libros

Informamos que os libros entregaranse no centro do día 14 ao 18 de setembro. Os libros ten que recollelos un adulto. No caso de non ser pai/nai deberá traer autorización asinada por un daqueles.

Libros de texto, Matemáticas Aplicadas 3º ESO, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional 4º ESO

Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º ESO, o libro de texto escollido foi o de Oxford, con ISBN 9780190508043.

Matemáticas Aplicadas 3º ESO ISBN 9788467852165 editorial Anaya

PRESENTACIÓN ALUMNADO E COMEZO DO CURSO

O comezo será escalonado, segundo o seguinte horario:

Mércores 23 de setembro:

10:00 a 11:30 ………………….1º/2º ESO

11:30-12:15 ……….....……… 1º BACHARELATO

O alumnado da ESO usuario de transporte escolar terá que ter en conta que os autobuses saírán das cabeceiras media hora antes (9:30), excepto a liña 1 que saíra da cabeceira ás 9:15. Os autobuses farán o retorno a casa ás 11:30

Lembramos que o alumnado de Bacharelato NON ten dereito a transporte escolar. No caso de cambio de situación avisaremos a través do alumnado

Xoves 24 de setembro:

8:30…………………..3º ESO

8:30..…………………2º BACHARELATO

Todo o  alumnado (excepto 4º ESO) xa virá en horario normal de 8:30 a 14:10

Venres 25 de setembro:

8:30…………………..4º ESO

Todo o alumnado xa virá en horario normal de 8:30 a 14:10

O alumnado deberá subir e baixar do autobús con orde, mantendo as distancias hixiénico-sanitarias en vigor. Deberán baixar en ringleira de a un seguindo as indicacións do profesorado. Deberá entrar no recinto respectando a distancia de seguridade e dirixirse ao patio central e posteriormente á súa aula (comunicaremos a través de ABALAR o grupo no que están os seus fillos/as). Alí, nas aulas respectivas, realizaremos a presentación do curso e dar comezo á actividade lectiva.

 

Queremos lembrar que o uso da máscara é obrigatorio tanto no autobús como dentro do recinto escolar.

 

Anuncio da AMPA sobre recollida e venda de libros

Notifícanos a AMPA do instituto que as datas de recollida de libros por parte da AMPA para a súa posterior venda será os días 7 e 8 de setmbro en horario de catro a seis.

A venda dos libros recollidos será os días 10 e 11 de setembro tamén de catro a seis.

Convocatoria de bolsas de estudo do MEC

Abriuse prazo para solicitar as bolsas de estudo do Ministerio de Educación para estudos de bacharelato, FP e Universidade

Máis información en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

Premios extraordinarios ESO

Hoxe, 24 de xullo, publícase no DOG a Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

 

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

 

 

Período vacacional

Horario do centro do 27 de xullo a 28 de agosto será de 9:30 a 11:30

Correo do centro para solicitar documentación ou avisos ies.coruxo@edu.xunta.es

Teléfono do centro 886 11 1016

Teléfono de emerxencias (só emerxencias) 604 062 267

Calendario exames setembro curso 2019-2020

Achégase o calendaro de exames de setembro 2020. Facel clic no documento adxunto

Nota da AMPA sobre recollida e venda de libros

O horario da AMPA para recollida e venda de libros é o seguinte:

 

Recollida: días 8 e 9 de xullo de 11:00 a 13:00 horas

 

Venda: días 13 e 14 de xullo de 11: a 13:00 horas

Libros de texto curso 2020-2021

Achegamos a lista de libros de texto para o curso 2020-2021

Documentación matrícula 20-21

Achéganse as documentacións necesarias para a realización da matrícula do alumnado. Facer clic nos documentos adxuntos

No caso de imprimir este documento solicitamos que NON se imprima a doble cara

 

Aclaración promoción titulación curso 19-20

Esta nota é para aclarar a promoción e titulación deste curso 19-20

Alumnado de 4º ESO que no boletín de notas aparece proposto para título SI: xa ten o título da ESO e, aínda que lle aparezan materias suspensas, non ten que presentarse en setembro para recuperalas

Alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 1º BAc: se no boletín de notas aparece promociona SI non está obrigado a presentarse aos exames de setembro, xa está promocionado. De todo xeito o alumnado con materias suspensas, a pesar de que non está obrigado a recuperar en setembro, debería preparar as materias suspensas e presentarse aos exames de setembro coa finalidade de recuperar esas materias e non pasar de curso con materias pendentes

O calendario de setembro será colgado nesta web proximamente.

Matrícula curso 20-21

Terá que matricularse todo o alumnado, independentemente que aprobe todas en xuño ou suspenda algunha materia para setembro

 

Datas de matrícula para o curso 20-21

1º ESO: 1, 2 e 3 de xullo

2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH: do 6 ao 10 de xullo.

Documentación:

-Impresos matrícula (poderanse descargar desta web. 1º ESO a partir do 27 de xuño, resto cursos a partir do 30 de xuño. Tamén estarán dispoñibles no centro a partir desas datas)

-3 fotos ACTUAIS

-Fotocopias DNI (alumno/a, pai/nai, titor/titora legal)

-Fotocopia tarxeta sanitaria o alumnado de 1º de ESO e alumnado novo no centro

-Certificado de estudos (só alumnado novo de centros non adscritos)

     Centros adscritos: Carrasqueira, Tintureira, Ría de Vigo, Párroco D Camilo

-Resgardo de ter aboado as taxas de seguro escolar (1,5 €) na conserxería do centro (só alumnado de 3º ESO, 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH)

NON SE RECOLLERÁN DOCUMENTACIÓNS INCOMPLETAS

 

Entrega de notas, devolución de libros-ordenador edixgal e período de matricula

 

Entrega notas 1º BAC e ESO:

 

23 de xuño, presencial ou a través de ABALAR.

 

No caso de recoller as notas presencialmente, o alumnado deberá gardar as medidas hixiénico sanitarias en vigor e sempre deberá ter posta a mascarilla. Só se permitirá para este acto a presenza no interior do instituto ao alumnado

 

Non é obrigatorio asistir presencialmente a recoller as notas, estas chegan nese mesmo día a través de abalarmóbil. Cómpre ter descargada a aplicación https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

No caso de recibir as notas a través da aplicación Abalar o consello orientador que se debe entregar ao alumnado quedará arquivado no expediente do alumno/a a disposición das familias para que o recollan cando precisen

Horario de entrega de notas (Cómpre que o alumnado respecte os horarios)

1º Bac: 9:30

 

1º BAC A: patio central. 1º BAC B: salón de actos

 

1º ESO: 10:15

 

1º ESO A: Salón de actos, 1º ESO B: patio central, 1º ESO C: aula tecno 2 (pegada á conserxería)

 

3º ESO: 11:00

 

3º ESO A: Salón de actos, 3º ESO B: patio central, 3º ESO C: aula tecno 2 (pegada á conserxería), 3º ESO D: aula 9

 

2º ESO: 11:45

 

2º ESO A: Salón de actos, 2º ESO B: patio central, 2º ESO C: aula tecno 2 (pegada á conserxería), 2º ESO D: aula 9

 

4º ESO: 12:30

 

4º ESO A: Salón de actos, 4º ESO B: patio central, 4º ESO C: aula tecno 2 (pegada á conserxería)

 

Período reclamacións: 25 e 26 de xuño. Deberá ser entregada a solicitude de reclamación na oficina do centro

 

Devolución de libros e equipamento edixgal

 

Devolución de libros e ordenador Edixgal 1º ESO

 

1º ESO: 25 de xuño de 9:30 a 11:00.

 

Devolución de libros en préstamo do alumnado que non suspende materias para setembro.

 

O alumnado de 1º ESO  que aprobe en xuño non devolverá o ordenador EDIXGAL, quedará con el no período de vacacións.

 

Devolución de libros e ordenador Edixgal 2º ESO

 

2º ESO: 26 de xuño de 9:30 a 11:00

 

Devolverá os libros e ordenador o alumnado que aprobe todas as materias en xuño. Alumnado con algunha materia suspensa para setembro devolverá en setembro

 

Devolución de libros 3º ESO

 

25 de xuño de 11:30 a 13:30

 

Devolución de libros 4º ESO:

 

26 de xuño de 11:30 a 13:30

 

 

Períodos de matrícula

 

1º ESO (alumnado que se matricula por primeira vez no centro): 1-2 e 3 de xullo en horario de 9:30 a 13:30

 

Alumnado que se matricula en 2º, 3 e 4º de ESO, 1º e 2º bacharelato: 6 ao 10 de xullo de 9:30 a 13:30

 

Ten que matricularse todo o alumnado, independentemente promocione en xuño ou setembro  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut