Skip to Content

Educación Física

Liga interna de Brilé

Comezamos o primeiro trimestre deste curso 2022/2023 cunha apaixoante liga interna de Brilé entre todos os cursos do Chamoso Lamas que así quixesen participar.

Os encontros disputáronse entre 12 equipos compostos por un máximo de 6 xogadores, sendo de carácter mixto tanto en xénero como en idade, durante os recreos do luns, mércores e venres. Mesmo o claustro participou cun equipo que a piques estivo de chegar á final!

Mais o nivel estivo moi alto e só dous equipos chegaron á finalísima, dos cales tivemos aos campións da foto que podedes ver no álbum adxunto. Moitos parabéns!

No segundo trimestre comezaremos a liga interna de bádminton por parellas. Non vola perdades!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Ligas deportivas

Programación didáctica curso 2021-2022

Diario de actividade física

Como continuación do enlace anterior, continuamos coas actividades que o alumnado está a desenvolver neste trimestre.

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut