Normalización
ROSALÍA SEMPRE VIVA
Enviado por admin o Xov, 03/04/2021 - 11:01Vídeo realizado polos estudantes do IES Chamoso Lamas en colaboración coa Biblioteca e os departamentos de Normalización e Gallego.
FESTIVAL ONLINE DE ROSALÍA
Enviado por admin o Ven, 02/26/2021 - 09:19Festival online de Rosalía de Castro
25 de febreiro ás 12h os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO participarán no Festival on line de Rosalía realizado por Sérgio Tannus.
Pica no enlace para acceder ó directo.
CREA O TEU APALPADOR
Enviado por admin o Lun, 12/02/2019 - 12:20Es creativo? Gústache debuxar? O departamento de Normalización e a Biblioteca propoñen o concurso do Apalpador para todo o alumnado do centro (ESO, FP, ...) Para máis información le as bases do concurso aquí. Tes de tempo ata o 16 de decembro.
A REVISTA DO CHAMOSO, 2019
Enviado por admin o Xov, 07/04/2019 - 11:38Aquí tedes a revista deste ano; felicidades a todos os que partcipastes BO TRABALLO!!!!!!
O CHAMOSO NO PARLAMENTO XOVE
Enviado por admin o Dom, 03/20/2016 - 10:14OS ALUMNOS DO CHAMOSO PARTIPAN NUNHA NOVA EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE
Os alumnos de 3º da ESO (Pilar España, Marta Fernámdez, Santiago López e Manuel Quireza) e de 2º de Bacharelato (Ana Fernández, Lucía España, Yeray Diéguez e Dana Constantine) participan no Paralamento Xove na edición deste ano que leva como título "Determina o papel do profesor/a o futuro dos noso mozos e mozas?", organizado pola Dirección Xeral de Xuventude. Para ver as súas fotos fai clic aquí.
POESÍA NA ESCOLA:50 MINUTOS DE POESÍA
Enviado por admin o Lun, 01/18/2016 - 17:56O Chamoso presentou hoxe ó poeta Juan Carballo e o músico Ramón Núñez dentro da edición de "Poesía na Escola:50 Minutos de Poesía"; esta edición pretende achegar á poesía a estudantes da ESO e de Bacharelato.
Organizado polo Departamento de Galego e de Filosofía, a Biblioteca, apoiados polos Concellos de Carballiño e Maside.
DEBATE PARLAMENTO EUROPEO
Enviado por admin o Xov, 05/07/2015 - 13:11O CHAMOSO NO DEBATE DO PARLAMENTO EUROPEO
A actividade, organizada pola asociación Agorae e promovida pola Dirección Xeral de Xuventude, convocou a dez centros de ensino de toda Galicia.
A edición galega dos debates escolares Modelo Parlamento Europeo (MEP) reuníu medio cento de alumnos de nove centros galegos. O equipo carballinés, Lucía España, Yeray Diéguez e Dana Michaelis, obtiveron moi boa puntuación mentras que Ana Fernández Justo acadou a categoría de finalista entre o conxunto de oradores.
Este éxito obtido non sería posible sen o traballo interdisciplinar desenvolvido no IES Chamoso Lamas polos departamentos de FOL , Administrativo, Ciencias Naturais e Bioloxía, Economía, Filosofía, Inglés, Historia, Normalización Lingüística, Lingua e Literatura Galega e o apoio da Dirección do centro.
O IES Chamoso Lamas acada o cuarto posto na final galega do Club de Debate
Enviado por Anónimo o Mér, 05/07/2014 - 16:49O pasado 26 de abril o alumnado pertencente ao Club de Debate do noso centro desprazouse a Ferrol a participar na final galega deste evento.
Logo de debater durante todo o día contra os mellores centros de Galicia, o IES Chamoso Lamas acadou un máis que meritorio cuarto posto.
A clasificación final ficou así:
IES Luís Seoane-Pontevedra | 387 |
IES Saturnino Montojo-Ferrol |
347 |
IES A Xunqueira-Pontevedra | 345 |
IES Chamoso Lamas-O Carballiño | 340 |
IES Parga Pondal-Carballo | 327 |
IES Leixa- Ferrol | 283 |
IES Número 1-O Carballiño | 278 |
IES Plurilingüe de Ames-Ames | 233 |
O IES Chamoso Lamas gañador do I Club de Debate do Carballiño
Enviado por Anónimo o Xov, 04/10/2014 - 12:50O pasado 29 de marzo celebrouse no auditorio do Carballiño o I Club de Debate, onde escolares pertencentes aos dous institutos da vila debateron sobre a independencia de Galicia.
O equipo do noso centro formado por Elisa Nóvoa, Patricia Henriques, Rebeca Rodríguez, Noemí García, Álvaro Suárez, Francisco Javier Silvares, Alba Iglesias, Lucía España, Santiago Estévez e Ana Fernández, preparados por Clara Vázquez e Miguel Pereira, acadou 377 puntos fronte os 296 que acadou o grupo do instituto Número 1.
Parabéns aos integrantes do noso equipo e sorte aos dous centros para a fase final que terá lugar en Ferrol o sábado 26 de abril, onde competirán contra os mellores equipos de Galicia.
AS FOTOS DO DEBATE | ||
O DEBATE TV CARBALLIÑO 1 |
O DEBATE TV CARBALLIÑO 2 |
|
