Skip to Content

Plástica e Visual

O PATRIMONIO DE PRYMACHENKO NO CHAMOSO

Nesta intervención por parte dos alumn@s de 4º da eso, nun principio, quenes elaboraron a maior parte dos murais, e logo foron sumándose o resto de alumn@s da eso (1º e 3º, así como os de 1ºde Bach de debuxo técnico) queríamos homenaxear a esta pintora ucraniana, tan querida no seu país. Recentemente e, debido ó conflicto bélico, foi destruida parte da súa obra nun museo preto de Kiev.
Os alumn@s de 4º, na optativa de EPVA, decidiron  escoller dentro toda a obra de Prymachenko, estos tres murais.
Traballando a partires dun modelo tamaño folio, tiveron que ampliar a imaxe, pintando previamente de branco a parede para que as cores quedaran intensas como nas obras da artista.
Asemade, escolleron a ubicación máis axeitada con vistas a humanizar distintos  espazos do instituto.
A través da obra da artista que evoca a armonia, a paz, e a boa convivencia, reflexionamos sobre a importancia da colaboración no traballo, preservar o patrimonio artístico, tan vulnerable e que é  signo da diversidade e comunión humana.
María Prymachenko, pintora ucraniana, representante da arte naíf, laureada co premio Nacional de Ucrania Taras Shevchenko e unha das pintoras ucranianas máis famosas. O ano 2009 considerouse como o ano de María Prymachenko conforme á UNESCO.

ENLACES DE INTERÉS:

Álbum: CURSO 2021/2022 -> creatividade

Programación do Departamento de Plástica e Visual.- Curso 2021/2022

Para poder visualizar a nosa programación , por favor pica aquí.

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut