Skip to Content

Educación Física

Campionato polos dereitos humanos

Na última xornada de clases antes das vacacións de nadal a Biblioteca do centro xunto con outros departamentos decidimos organizar un pequeno campionato de fútbol mixto entre os alumnos de 1º a 4º da ESO. En total participaron 8 equipos, un por cada nivel dentro de cada curso, cada un representando un dereito humán previamente traballado cos respectivo titores nas sesións de titoría. 

Durante o campionato, disposto en formato de clasificacións cuartos-semifinais-final os deportivas amosaron un gran nivel competitivo, con momentos de tensión, alegría e tristura pola derrota. Con todo, os valores deportivos respectáronse en todo momento grazas ao dúo arbitral composto por dous alumnos de 1º de Bacharelato que participaron de maneira totalmente desinteresada. 

O público animou con fervor e lealdade aos equipos das súas clases, e os titores actuaron como os adestradores das súas respectivas clases.

A final foi apaixoante, cun desenlace propio do Campionato do Mundo de Fútbol cunha tanda de penalties da cal resolveu victorioso o equipo de 1º da ESO A, dende logo o equipo revelación do campionato. Moitos parabéns e grazas a todas as persoas que fixestes posíbel este campionato!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Campionato dos dereitos humanos

Patinaxe na pista de xeo

Os rapaces e rapazas de 4º da ESO tiveron a oportunidade de desfrutar dunha actividade de patinaxe sobre xeo na pista que o Centro Comercial Ponte Vella (Ourense) dispón para os estudantes de xeito totalmente gratuito. 

2 profesores e perto de 30 valente estudantes partiron á pista de xeo con ganas de probar unha modalidade deportiva nova. Pese aos nervos iniciais e algunha que outra caída sen grandes consecuencias, os nosos pasáronno en grande e viviron unha gran xornada. Ao rematar aínda tiveron tempo para pasear polo centro comercial antes de que o bus nos levase de volta ao noso centro. Até o ano que ven!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Excursión pista de xeo

Carreira de orientación XOGADE

O pasado 17 de novembro os nosos estudantes tiveron a oportunidade de participar na carreira de orientación do programa XOGADE xunto con outros estudantes dos diferentes colexios e institutos que conforman a Asociación Deportiva Arenteiro.

Pese a que as condicións climatolóxicas non foron as mellores os nosos fixeron unha participación sublime e mesmo voltaron con dúa preseas, moitísimos parabéns aos campións! Moitas grazas á participación dos nosos profesores Milagros e Sergio por acompañar e organizar as inscricións dos nosos participantes nesta xornada de deporte e convivio.

Seguiremos dende o centro fomentando o deporte de base complementario e extracurricular, así que estade atentos xa que nos vindeiros meses seguiremos a organizar actividades deportivas a través do XOGADE!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Carreira de orientación XOGADE
Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut