Skip to Content

Orientación Académica Profesional. ABAU

PROCESO PREINSCRICIÓN GRAOS 2022

Podedes consultar as instrucións publicadas pola CIUG respecto do proceso AQUÍ.

 

Recordade, que no caso de elección de estudos universitarios en Galicia, esta faise a través da aplicación NERTA (para outras CC.AA é importante facelo a través da aplicación informática correspondente, tendo en conta que os prazos non teñen por que coincidir cos de Galicia).

Rematado o período de reclamacións das probas ABAU (período ordinario) poderedes facer a vosa preinscrición, en concreto, a SOLICITUDE ORDINARIA terá lugar entre os días 21 e 30 de xuño (ata as 14.00)

Podedes ordenar ata un máximo de 5 graos e ata 10 se se trata dun mesmo grao pero en diferentes universidades galegas.

Recoméndase que vexades con detemento o seguinte vídeo-titorial da USC onde vos explican como facer a preinscrición e os aspectos clave respecto do proceso de matrícula unha vez o alumnado aparece convocado nos estudos da súa preferencia ou unha vez pecharon aquelas opción nas que permanecía á espera.

 

DÚBIDAS 2º BACHARELATO ORDINARIO (Preguntas e Respostas)

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut