Comezamos o primeiro trimestre deste curso 2022/2023 cunha apaixoante liga interna de Brilé entre todos os cursos do Chamoso Lamas que así quixesen participar. Os encontros disputáronse entre 12 equipos compostos por un máximo de 6 xogadores, sendo de carácter mixto tanto en xénero como en idade, durante os recreos do luns, mércores e venres. Mesmo o claustro participou cun equipo que a piques estivo de chegar á final! Mais o nivel estivo moi alto e só dous equipos chegaron á finalísima, dos cales tivemos aos campións da foto que podedes ver no álbum adxunto. Moitos parabéns! No segundo trimestre comezaremos a liga interna de bádminton por parellas. Non vola perdades! |
|||