Skip to Content

CINEMA EN CURSO.- VIDEO PROMOCIONAL

Sons no camiño, a película documental realizada polos alumnos do IES Chamoso Lamas dentro do programa Cine en curso do Plan Proxecta da Consellería de Educación estreouse este xoves día 2 de xuño na Filmoteca de Barcelona, xunto con outra curtas realizadas por alumnos de diferentes lugares do estado, como Cataluña ou Madrid, así como pezas feitas fora do noso país, como no caso dos centros de estudo chilenos ou arxentinos. Ao longo de todo este curso un grupo de cinco profesores e 17 alumnos estiveron a traballar no proxecto co cineasta galego Ángel Santos e coordinados polo CGAI. No documental reflíctese o pasado e o presente dos pobos do val do Varón, polo que transcurría o Camiño dos arrieiros. Vellas historias e recordos mistúranse coa chegada de novos habitantes a estes lugares nos que a despoboación e o abandono fixeron estragos. Xentes que marcharon, xentes que nunca se foron e xentes que veñen de che gar aparecen no filme, que pretende por tamén en valor a beleza deste val.
 
Despois desta estrea en Barcelona, a película poderá verse o día 16 na Filmoteca galega, no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), na Coruña, a onde acudirán os alumnos do Carballiño acompañados dos outros 3 proxectos que se fixeron en Galicia. A estrea no Carballiño será ao día seguinte, o 17 de xuño, ás 20:45 horas no Auditorio municipal, con entrada por suposto de balde. A partir de aí a película viaxará ao festival Novos cinemas, de Pontevedra.

                    

 



page | by Dr. Radut